Máis de 1.400 persoas participaron no sorteo de 5 lotes de Gran Novás na ruta «Petiscos con arte»

29 de novembro de 2017·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

O Concello da Guarda realizou esta mañá o sorteo dos cinco lotes de viño albariño da Adega Gran Novás entre as máis de 1.400 persoas participantes na ruta gastronómica «Petiscos con arte» que entregaron o boleto cuberto. Os cinco gañadores e gañadoras son Carmen María Martínez (O Rosal), Daniel Baz Vicente (A Guarda), Ler máis

O Concello da Guarda realizou esta mañá o sorteo dos cinco lotes de viño albariño da Adega Gran Novás entre as máis de 1.400 persoas participantes na ruta gastronómica «Petiscos con arte» que entregaron o boleto cuberto.

Realización do sorteo no departamento de Turismo do Concello da Guarda.

Os cinco gañadores e gañadoras son Carmen María Martínez (O Rosal), Daniel Baz Vicente (A Guarda), Víctor Manuel González Souto (Tui), Eva Martínez Trigo (A Guarda) e Ricardo Martínez (O Rosal). A entrega dos lotes terá lugar na Casa do Concello o vindeiro luns, 4 de decembro, ás 12:00 horas.

Tanto os 15 establecementos hostaleiros como os artistas participantes amosaron a súa satisfacción co resultado do evento gastronómico, durante o que se serviron máis de 2.000 ‘petiscos’ e que permitiu achegar unha parte da tradición culinaria e artística ás veciñas, veciños e visitantes. A iniciativa ofreceu, ademais, a oportunidade de que algúns artistas locais e da comarca amosasen as súas creacións por primeira vez ao público.

Tendo en conta o bo resultado da iniciativa, dende o Concello existe a vontade de consolidar a ruta «Petiscos con arte» como un evento gastronómico anual  ao que poderán sumarse novas cafeterías, restaurantes e artistas do pobo e da comarca.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese