Máis dunha vintena de persoas participaron na xornada de posta en valor do patrimonio cultural da Guarda

11 de marzo de 2021·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

• No evento, aberto a toda a cidadanía, participaron empresarios, particulares e representantes de colectivos e asociacións da vila • O evento contou coa participación de expertos como J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo. O pasado mércores día 10 de marzo o Concello Ler máis

• No evento, aberto a toda a cidadanía, participaron empresarios, particulares e representantes de colectivos e asociacións da vila
• O evento contou coa participación de expertos como J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo.

O pasado mércores día 10 de marzo o Concello da Guarda foi o escenario para a realización da Xornada para a co-creación de solucións para a posta en valor do patrimonio cultural da Guarda, evento organizado pola Universidade de Vigo.

O evento arrincou ás 16:30h cunha breve benvida por parte do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quen destacou a iniciativa como moi interesante para a posta en marcha de novas oportunidades de negocio e de desenvolvemento turístico, cultural e patrimonial.

Esta xornada tivo como obxectivo contribuír a crear novos produtos e servizos que poidan ser comercializados polos profesionais e entidades da zona para dinamizar e atraer novos viaxeiros ao concello.

A xornada estivo dividida en dúas partes, na primeira delas realizouse unha charla con expertos sobre o patrimonio cultural inmaterial da Guarda e boas prácticas no sector e, despois dunha breve pausa, realizáronse mesas de traballo nas que os asistentes puideron traballar desenvolvendo novos produtos e servizos turísticos para o territorio.

Nesta xornada participaron tamén expertos como J. Miguel Villa ou investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo, que foi moi ben valorado por parte dos asistentes.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese