[vc_row][vc_column][vc_column_text] A Guarda despide a XXXI edición da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira con preto de 1000 racións servidas ao longo da fin de semana. A Festa, de interese turístico de Galicia, contou coa participación de 4 restaurantes que ofertaron máis dunha trintena de pratos da cociña mariñeira. Ler máis[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]
[vc_row][vc_column][vc_column_text]
- A Guarda despide a XXXI edición da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira con preto de 1000 racións servidas ao longo da fin de semana.
- A Festa, de interese turístico de Galicia, contou coa participación de 4 restaurantes que ofertaron máis dunha trintena de pratos da cociña mariñeira.
A Guarda despide este domingo a gran cita gastronómica da comarca, a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, que este ano celebrou a súa 31 edición e onde se serviron preto de mil racións de lagosta.
Esta edición contou coa participación dos establecementos O Roxo, O Cangrexal, Xeito, Casa Olga e Adega Gran Novás, cunha oferta gastronómica con produtos como percebes, nécoras, luras, sepias, chocos, croquetas, ensaladiñas, gambas, lagostinos, paella, mexillóns, berberechos, lagostinos, polbo, vieiras, ameixas, camaróns, empanadas e empanadillas, fideuá, pementos de Padrón, entre outros. As sobremesas tamén foron destacadas nesta XXXI edición da Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, con tartas de mirabeles ou de améndoas, cañitas de nata, filloas recheas e a sobremesa típica da Guarda, a Rosca de Xema da Guarda.
Durante esta fin de semana, miles de persoas achegáronse a Porto da Guarda para degustar os produtos da cociña guardesa, sendo o prato estrela a Lagosta, con máis de 700 kg. vendidos deste crustáceo.
Esta edición tamén contou coa xa tradicional Feira de Artesanía, cunha vintena de stands, que exhibiron produtos feitos a man como bisutaría, bordados, elementos decorativos, entre outros.
A XXXI Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, festa declarada de interese turístico de Galicia, despediuse con bo sabor de boca, a afluencia de comensais foi constante durante toda a fin de semana e a experiencia foi moi positiva para valorar A Guarda como destino de excelencia gastronómica.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_gallery interval=»3″ images=»16790,16793,16796,16799,16802,16805,16808,16811,16814″ img_size=»full» onclick=»img_link_large»][/vc_column][/vc_row]