Dende hoxe ata o domingo, Miranda de Ebro (Burgos) acolle a primeira edición de “Miranda Xacobea, punto de encontro no Camiño”. Para este evento, A Guarda foi o concello escollido para representar o Camiño Portugués pola Costa. Organizado pola Asociación Amigos del Camino de Santiago de Miranda, o evento contará con Ler máis
Dende hoxe ata o domingo, Miranda de Ebro (Burgos) acolle a primeira edición de “Miranda Xacobea, punto de encontro no Camiño”. Para este evento, A Guarda foi o concello escollido para representar o Camiño Portugués pola Costa.
Organizado pola Asociación Amigos do Camiño de Santiago de Miranda, o evento contará cun amplo programa de actividades con exposicións, obradoiros, ruta guiada, actuacións folclóricas, mercado…Nel, A Guarda contará cun stand turístico para promocionar a vila como primeiro municipio galego da ruta do Camiño Portugués pola Costa.
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, cre que “con estes eventos, danse a coñecer as diferentes rutas e experiencias que ofrece o Camiño de Santiago”. “En breve, superaremos as cifras do Camiño Portugués; no 2025 xa superamos as cifras do ano pasado con máis de 86.000 peregrinos”, comparte o alcalde.
Algúns medios locais e comarcais de Miranda de Ebro xa se fixeron eco da participación da Guarda en “Mirada Xacobea, punto de encontro no camiño”.