Música, festexos, exposicións, visitas guiadas e moito máis nesta fin de semana na Guarda

13 de xuño de 2019·Por Prensa A Guarda5 minutos de lectura
Noticias Turismo

A Guarda congrega na fin de semana do venres 14 ao domingo 16 de xuño moitas actividades para gozar da vila con Festivais musicais, concertos, exposicións, visitas guiadas, actividades deportivas e moito máis. Programación por días VENRES 14: O vindeiro venres día 14 de xuño arranca o «Música nas Prazas 2019» e Ler máis

A Guarda congrega na fin de semana do venres 14 ao domingo 16 de xuño moitas actividades para gozar da vila con Festivais musicais, concertos, exposicións, visitas guiadas, actividades deportivas e moito máis.

Programación por días

VENRES 14:

O vindeiro venres día 14 de xuño arrinca o «Música nas Prazas 2019» e os encargados de abrir a programación será o grupo de Rap guardés Caramelo Krew, un grupo formado por Hugx (Hugo Aldea) e Holden (Jose Mauri), que encherán de música a Praza de San Caetano dende as 22:00h.

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

SÁBADO 15:

Este sábado a partir das 10:00h o Club de Petanca «O Caldeiro» organiza o I Torneo de Petanca «Bodegas Terras Gauda» nas pistas deportivas do Codesal en Camposancos.

O Mercado da Guarda acollerá unha charla baixo o título «Familia, que comemos hoxe?» dirixida principalmente ás familias con nenos e nenas na etapa chamada de primeira infancia, coa intención de pór en valor os beneficios do produto fresco e de proximidade que ofrece a praza de abastos á hora de elaborar menús saudables e nutritivos. Esta charla pretende ser moi dinámica e participativa e terá lugar no propio mercado en horario de 11:00h a 13:30h. Punto de encontro na segunda planta.

Ás 10:45h sairá dende o Porto da Guarda unha nova visita ás Salgas Romanas do Seixal, unha actividade que ten unha duración aproximada de 2 horas cun percorrido pola senda litoral, información e inscricións no 616 180 557.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

Na xornada deste sábado e enmarcado na programación das Festas de San Antonio, ás 12:00h haberá unha gran tirada de fogos e o grupo A Boalleira percorrerá as rúas do municipio, pola noite verbena coas orquestras Santiago e Nievla.

Este sábado ás 20:30h o Auditorio de San Benito acolle a XV edición do Festival Folclórico Luso-Galaico, no que participarán os grupos Doxe nun ano, Xamaraina, Do Lusco ó Fusco, Korosti Dantza, Taldea, Agrupación Folclórica O Trevo e o Rancho Folclórico de Santa Eulalia de Cabanelas.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.

DOMINGO 16:

Na xornada deste domingo e enmarcado na programación das Festas de San Antonio, ás 10:00h da mañá fará un percorrido a Banda de Música da Agrupación Musical da Guarda con posterior misa e procesión e ás 20:00h a citada banda ofrecerá unha actuación.

Continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.

A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese