Música, maxia e gastronomía: as principais actividades programadas para os próximos días na Guarda

24 de xullo de 2019·Por Prensa A Guarda7 minutos de lectura
Noticias Turismo

O Concello da Guarda programa para os vindeiros días numerosas actividades nas que se inclúen un espectáculo de Maxia, as Xornadas Internacionais de Pesca de Orpagu, a VII edición do Mercado da Música, a XVI Festa do Peixe Espada, o XXVI Encontro dos Pobos e visitas guiadas ao Monte Santa Trega. XOVES Ler máis

O Concello da Guarda programa para os vindeiros días numerosas actividades nas que se inclúen un espectáculo de Maxia, as Xornadas Internacionais de Pesca de Orpagu, a VII edición do Mercado da Música, a XVI Festa do Peixe Espada, o XXVI Encontro dos Pobos e visitas guiadas ao Monte Santa Trega.

XOVES 25

Este xoves día 25 de xullo a carpa do Porto da Guarda acolle o espectáculo de Maxia «Lafayette Show» a cargo de Cayetano Lledó, un produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación galego.

O evento arrancará ás 20:30h cun espectáculo de maxia teatralizada, con comedia e humor, apto para todos os públicos. Teatro e ilusionismo con maxia musical, manipulación de cartas e obxectos, clown, cambios de vestiario, números de mentalismo, hipnose, pantomima, danza…

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.

O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Turismo, vén de poñer en marcha as visitas guiadas polo casco urbano que terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro. As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só acudir ás 12:00h ao punto de encontro, que será na Oficina de Turismo da Praza do Reló. Este xoves terá lugar a Visita singular da época moderna: “Castelo de Santa Cruz”. A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos, unha oportunidade única para coñecer o rico patrimonio do casco urbano da Guarda.

VENRES 26

A Casa dos Alonsos acolle este venres as V Xornadas Internacionais de Pesca sobre grandes Migradores «Pescaría de quenllas», un evento para profesionais do sector que se celebrará ao longo da mañá e que contará coa asistencia do Alcalde da Guarda, do Presidente de ORPAGU, da Secretaria Xeral de Pesca, da Conselleira do Mar, entre outras autoridades e participantes.

Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.

SÁBADO 27

O Mercado da Música, organizado dende a Asociación Sopa de Sobre en colaboración co Concello da Guarda, chega o vindeiro sábado día 27 de xullo á súa VII edición cunha programación de actividades que terán lugar nos xardíns do Centro Cultural da Guarda e na que se inclúen concertos, obradoiros, venda de vinilos, artigos musicais, artesanía e moito máis.

Ás 11:00h da mañá arrincan as actividades previstas con pintacaras, mesa de debuxo e obradoiros para nenos e nenas.

Diferentes stands mostrarán libros, artesanía, vinilos, instrumentos, roupa de segunda man, entre outros.

Para completar a programación contarase coas actuacións dos grupos Fábrica de Espejos, The Mirror, Cremawitch, Tecor Societario, Pledge e máis grupos por confirmar.

Gastronomía, concertos, un mercado artesanal, obradoiros, xogos para os máis pequenos e deporte inclusivo serán algunhas das actividades que se desenvolverán esta fin de semana na Guarda con motivo da «XVI Festa do Peixe Espada», evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) en colaboración co Concello da Guarda e que terá lugar na carpa do Porto, contando cunha extensa programación e oferta gastronómica na que o Peixe Espada será o rei da mesa.

Tamén na xornada deste sábado a Praza do Reló acolle ás 20:00h da tarde o II Festival Sons da Guarda, organizado dende o Concello da Guarda e a Asociación Arpegios – Cantábile e no que participan o Coro Arpegios, o Coro Cantábile, a Coral Polifónica de Verdoejo, a Coral Polifónica da Guarda, a Coral da Agrupación Musical do Rosal e a Coral Os Penediños de Atios.

Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.

O festival folclórico internacional máis veterán da Comarca do Baixo Miño chega un ano máis, e xa van 26 edicións, percorrendo diferentes concellos, sendo na Guarda o sábado 27 de xullo, terá lugar ás 22:00h na carpa da «Festa do Peixe Espada» no Porto da Guarda, contarase coas actuacións de Xamaraina, Vento Mareiro, Do Lusco ó Fusco, Steirischer Schwung e Poligrodzianie.

DOMINGO 28

Gastronomía, concertos, un mercado artesanal, obradoiros, xogos para os máis pequenos e deporte inclusivo serán algunhas das actividades que se desenvolverán esta fin de semana na Guarda con motivo da «XVI Festa do Peixe Espada», evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) en colaboración co Concello da Guarda e que terá lugar na carpa do Porto, contando cunha extensa programación e oferta gastronómica na que o Peixe Espada será o rei da mesa.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.

Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese