«Música nas prazas» e Festa do Percebe: pratos fortes do último fin de semana de agosto

25 de agosto de 2017·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

Dende hoxe venres e ata este domingo, poderemos gozar na Guarda dos diferentes eventos musicais, gastronómicos, comerciais e deportivos organizados para aproveitar ao máximo esta última fin de semana de agosto. Esta noite gozaremos cun novo concerto da programación «Música nas prazas». Esta vez, tócalle a quenda á formación Ler máis

Dende hoxe venres e ata este domingo, poderemos gozar na Guarda dos diferentes eventos musicais, gastronómicos, comerciais e deportivos organizados para aproveitar ao máximo esta última fin de semana de agosto.

Esta noite gozaremos cun novo concerto da programación «Música nas prazas». Esta vez, tócalle a quenda á formación guardesa Indomables Coverband e ás súas propostas de rock. A cita é ás 23h na Praza da guía.

A partir das 9 da noite, tamén hoxe, comeza a VI Festa do Percebe na Alameda. As xornadas gastronómicas continuarán ata o domingo, para que os visitantes poidan degustar os distintos produtos da terra e o mar que se ofrecen, así como visitar a Feira de Artesanía, mentres os máis pequenos poderán divertirse nos inchables. Todo iso, amenizado con música e charangas.

Mañá, a Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU) organiza unha nova Feira de Oportunidades durante todo o día na Praza Nova e a rúa Vicente Sobrino. Xa pola noite (22.30h), a Asociación Folclórica Vento Mareiro ten preparado o VIII Serán da Guía, coa actuación de grupos tradicionais que participan nesta actividade enmarcada nas Festas da Virxe da Guía.

As tradicionais carreiras pedestres da Virxe da Guía celebraranse o domingo, co seu percorrido habitual, dando comezo ás 19h

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese