Música, visita do Pai Nadal e eventos deportivos e solidarios na celebración adiantada da Noiteboa na Guarda

22 de decembro de 2023·Por A Guarda Turismo2 minutos de lectura
Noticias Turismo

O sábado 23 de decembro A Guarda concentrará unha chea de propostas ao longo do día para todos os gustos e idades. Sen dúbida, mañá sábado concéntrase o núcleo do Nadal xa que o domingo e o luns celébranse Noiteboa e Nadal. É por iso que ao longo do sábado día 23, Ler máis

O sábado 23 de decembro A Guarda concentrará unha chea de propostas ao longo do día para todos os gustos e idades.

Sen dúbida, mañá sábado concéntrase o núcleo do Nadal xa que o domingo e o luns celébranse Noiteboa e Nadal. É por iso que ao longo do sábado día 23, haberá múltiples eventos na nosa vila pensados para todos os públicos, tanto de idades como de gustos.

A xornada comezará ás 11 horas da mañá coa Carreira de San Silvestre, que, partindo do Porto da Guarda, percorrerá un percorrido de 4 quilómetros, apto para todo aquel que queira participar, e contará tamén cun percorrido paralelo de 3 quilómetros en formato a pé. A carreira e andaina están abertas a todas as idades e os interesados poderán inscribirse a través do QR do cartel ou o mesmo día 23, antes da carreira no porto. Este evento está organizado polo Concello da Guarda e a Asociación Atlética de Trega.

Paralelamente, terá lugar outro evento deportivo no Estadio Trega, o I Memorial Daniel González Adrover, campionato de fútbol gaélico que se disputará entre as 11 e as 14 horas. No Estadio Municipal Sangriña.

Pero será sobre o mediodía, entre as 12:00 e as 14:00 cando o protagonista destas festas fará a súa presenza na Praza de Avelino Vicente: Papá Noel xunto aos seus elfos ocuparán a carpa situada en Avelino Vicente para recibir aos nenos, escoitar os seus desexos e comprobar se merecen os agasallos que pediron. Recollerá as cartas dos máis pequenos para poder cumprir con todos os encargos, pero teredes que ter coidado co Grinch, que planea vir ata alí para facer das súas, ollo rapaces!

Finalmente, para pechar a xornada e xa pola noite, o grupo Awen ofrecerá un concerto na mesma carpa Avelino Vicente ás 20 horas. coas mellores versións de soul, blues, pop e rock.

Toda esta programación estará aderezada coa decoración do Nadal nas prazas que as asociacións da Guarda decoraron nas localidades de Avelino Vicente, San Benito, Rúa Galicia, Praza da Guía, O Coruto, etc. dez portais e escaparates entre a Rúa do Porto e o colexio PP Somascos.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese