Navega pola costa da Guarda a bordo do volanteiro Piueiro

22 de xullo de 2025·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

O Concello da Guarda xunto á Asociación O Piueiro, volven ofrecer este verán saídas gratuítas de navegación pola nosa costa a bordo do volanteiro Piueiro. Esta actividade ofrécese dende o 2020 e ten unha gran acollida entre veciños e veciñas e visitantes, xa que ofrece unha experiencia única cunha saída Ler máis

O Concello da Guarda xunto á Asociación O Piueiro, volven ofrecer este verán saídas gratuítas de navegación pola nosa costa a bordo do volanteiro Piueiro.

Esta actividade ofrécese dende o 2020 e ten unha gran acollida entre veciños e veciñas e visitantes, xa que ofrece unha experiencia única cunha saída de navegación na costa atlántica nunha embarcación de gran envergadura.

A Oficina de Turismo da Guarda (Praza do Reló) xestionará as reservas a partir do sábado anterior ás saídas da semana seguinte. As reservas poderanse realizar presencialmente (que terán prioridade) ou chamando ao 986 61 45 46 en horario da oficina, que está aberta de martes a sábado de 10 a 14h e de 16:30 a 18:30h.

Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, agás as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Lembrar que é preciso estar 15 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do peirao alto) e a saída terá unha duración aproximada de 45 minutos.

Recoméndase levar calzado que suxeite o nocello e roupa de abrigo. Ademais, lémbrase que as saídas poden ser canceladas por motivos meteorolóxicos: chuvia, vento ou néboa.

Os horarios previstos das saídas son 12:00h, 17:00 e 18:00h e as datas previstas segundo semana son:
• Xoves 31 de xullo e sábado 2 de agosto
• Martes 5 de agosto: será en horario de 16:30h, 17:30h e 18:30h
• Sábado 16 de agosto
• Mércores 20 e sábado 23 de agosto
• Sábado 30 de agosto

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese