Esta primavera o Concello da Guarda e a Câmara Municipal de Caminha organizaron novamente a actividade de Andaina onde os participantes percorren outras vilas e paisaxes descubrindo as belezas do patrimonio material e natural. O calendario das andainas de Primavera 2023 inclúe catro andainas e pola previsión de mal tempo houbo que trasladar Ler máis
Esta primavera o Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha organizaron novamente a actividade de Andaina onde os participantes percorren outras vilas e paisaxes descubrindo as belezas do patrimonio material e natural.
O calendario das andainas de Primavera 2023 inclúe catro andainas e pola previsión de mal tempo houbo que trasladar a novas datas polo que agora hai novas prazas dispoñibles para os interesados.
Polo que os interesados poden contactar a partir do xoves 18 de maio en turismo@aguarda.es ou no tel. 986614546 informando do seu interese.
| NOVO CALENDARIO ANDAINAS A GUARDA – CAMINHA PRIMAVERA 2023 | |
| Data nova | Andaina |
| 20 de maio | Ecopista Río Miño entre Monçao e Valença |
| 3 de xuño | Trilho Porta do Mezio na Serra do Géres |
| 24 de xuño | Andaina pola Illa de Sálvora e paseo polas Pedras Negras de San Vicente do Mar (O Grove) |
| ANDAINA 1.- SÁBADO, 20 DE MAIO: ECOPISTA DO RÍO MIÑO MONÇAO / VALENÇA |
Saída: 9:00 h. da chaira da Sangriña
Hora aproximada de chegada A Guarda: 17:00h
Prezo: 10 €
Tipo: ruta lineal
Percorrido: natural/etnográfico
Punto de partida/chegada: Monçao / Valença do Minho
Distancia: 13 km
Duración:4,5 h
Grao de dificultade: fácil
Descrición:
Trátase dunha ecopista de referencia para os practicantes de deporte na natureza, que se desenvólve na marxe esquerda do río Miño, ao longo do trazado da liña férrea desactivada. Ao longo do traxecto, os participantes serán sorprendidos por viñedos, campos de cultivo e vistas panorámicas sobre o río Miño, e poderán apreciar as pesqueiras, as praias fluviais e as insuas, incluídas na Rede Natura 2000.
En Troporiz, parroquia onde o río Gadanha atopa o “Pai Miño”, como xentilmente os galegos tratan ao río Miño, atopamos unha verdadeira postal ilustrada, cunha magnífica beleza paisaxística, perpetuado nas historias tempestuosas de dous pobos que a amizade uniu.
Durante o percorrido será posible visitar a Torre de Lapela, maxestosa construción medieval de planta cuadrangular con trinta e cinco metros de altura, que se ergue aos pés do río Miño, e poderase apreciar o patrimonio ferroviario edificado. A andaina rematará xunto ao Mosteiro Beneditino de Ganfei.
| ANDAINA 3.- SÁBADO, 3 DE XUÑO: TRILHO DO MEZIO – PARQUE NACIONAL DA PENEDA-GÊRES
(ARCOS DE VALDEVEZ) |
Saída: 9:00 h. da chaira da Sangriña
Hora aproximada de chegada A Guarda: 19:00h
Prezo: 10 €
Tipo: ruta circular
Percorrido: natural/ paisaxístico/cultural
Punto de partida/chegada: Portela do Mezio
Distancia: 8 km
Duración: 5h
Grao de dificultade: moderado
Descrición:
A ruta do Mezio localízase na pendente da Serra do Soajo, e permite aos participantes percorrer camiños rurais e fermosos escenarios agrícolas e florais das aldeas de montaña do Val do Lima, na parroquia de Cabana Maior, do concello de Arcos de Valdevez.
O punto de partida deste percorrido é na Portela do Mezio, onde se sitúa a Porta do Mezio, unha das cinco portas do Parque Nacional de Peneda Gerês, porta de entrada para a magnífica inmensidade das montañas e vales de Soajo e Peneda, territorio magnífico que a UNESCO considera Reserva Mundial da Biosfera.
Neste punto será posible visitar o Centro Interpretativo, o Parque da Biodiversidade e o Núcleo Megalítico existente, área arqueolóxica que engloba preto dunha ducia de monumentos funerarios pre-históricos – as “Antas do Soajo”- construídos hai preto de 5000 anos, e un conxunto significativo de gravados rupestres, composto por preto de 100 rochas gravadas.
| ANDAINA 4.- SÁBADO, 24 DE XUÑO: ANDAINA POLA ILLA DE SÁLVORA E PASEO POLAS PEDRAS NEGRAS DE SAN VICENTE DO MAR (O GROVE) |
Saída: 8:00 h. da chaira da Sangriña
Hora aproximada de chegada A Guarda: 19:00 h.
Prezo: 22,50 €
Tipo: rutas lineais
Percorrido: natural/etnográfico
Punto de partida/chegada: Porto do Grove
Distancia: 5 km + 3,4 km
Duración: 3 h + 1h
Grao de dificultade: fácil
Descrición:
Sairase do Grove con destino a Sálvora, illa que forma parte do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia. Na illa, dividiremos o grupo en grupos de 25 persoas para poder admirar con calma este lugar, e realizaremos as súas dúas rutas: a antiga aldea e o faro. Durante o percorrido, os guías acreditados explicaranos o porqué da importancia deste lugar, a súa fauna e flora, e as historias aquí ocorridas, como o naufraxio do barco de vapor Santa Isabel, na parte oeste da illa, entre moitos outros segredos.
Unha vez realizadas as rutas, regresamos ao barco para volver navegando ata o porto. Pola tarde, realizaremos o sendeiro das Pedras Negras, en San Vicente do mar, un paseo relaxado pegado ao mar que nos permitirá observar entre as pasarelas de madeira, unha xeoloxía de cantos rodados moldeados polas condicións do mar, que forman unha paisaxe especial e totalmente distinta da costa á que estamos acostumados.
A ruta pola illa é fácil pero non hai que confiarse e sempre hai que levar calzado axeitado e roupa de abrigo.