Debido á alta demanda destas saídas de navegación pola costa co Volanteiro O Piueiro o Concello da Guarda colabora novamente coa Asociación Piueiro ofrecendo novas saídas en setembro para todos aqueles que non puideron optar ás prazas nas saídas de finais de agosto. Esta actividade duns Ler máis
Debido á alta demanda destas saídas de navegación pola costa co Volanteiro O Piueiro, o Concello da Guarda colabora novamente coa Asociación Piueiro ofrecendo novas saídas en setembro para todos aqueles que non puideron optar ás prazas nas saídas de finais de agosto.
Esta actividade duns 70 minutos permite descubrir esta embarcación tradicional a vela e inclúe navegación polo exterior do porto.
O venres 10 de setembro abrirase o prazo de inscrición ás 10:00h para cubrir aquelas prazas aínda dispoñibles tras a oferta aos inscritos en reserva nas saídas de agosto.
A inscrición realizarase presencialmente na Oficina de Turismo (Praza do Reló) ou no teléfono 986 61 45 46.
A idade mínima para participar é de 10 anos. O número reducido de prazas dispoñibles é reducido polo que unha persoa poderá inscribir a un total de catro, agás as unidades familiares.
As datas e horarios dispoñibles son:
-Martes 14 de setembro: 16:00 – 17:30 – 19:00
-Xoves 16 de setembro: 16:00 – 17:30 – 19:00
-Venres 17 de setembro: 16:00 – 17:30