O servizo de socorrismo das praias da Area Grande e O Muíño conta con novo material e equipamento para unha eficaz resposta ante un posible incidente nestas praias. Estas dúas praias de Bandeira Azul contan con servizo de socorrismo dende xullo a setembro e durante estes meses foron recibindo o equipamento previsto para Ler máis
O servizo de socorrismo das praias da Area Grande e O Muíño conta con novo material e equipamento para unha eficaz resposta ante un posible incidente nestas praias.
Estas dúas praias de Bandeira Azul contan con servizo de socorrismo dende xullo a setembro e durante estes meses foron recibindo o equipamento previsto para esta tempada que debido á situación sanitaria se foi atrasando.
Destacan as táboas de rescate que os socorristas poidan empregalas para facer vixilancia activa, como achegarse ata os bañistas para dar recomendacións e, inclusive, ante unha actuación de rescate.
E a semana pasada recibíronse os desfibriladores automáticos, un equipamento tamén moi agardado para mellorar a atención, e que reafirman o compromiso de que o servizo conte cos medios axeitados para a atención das posibles incidencias que poidan xurdir nestas dúas praias de gran afluencia.
A praia do Muíño é a praia accesible do concello polo que ademais de pasarelas e aseos adaptados, conta dende hai anos cunha cadeira anfibia para facilitar o baño ás persoas con discapacidade física. Este verán adquiriuse unha nova cadeira anfibia máis cómoda e práctica para os usuarios que a solicitan cada ano.