O acendido da iluminación marcou este xoves o arranque da programación de Nadal na Guarda

6 de decembro de 2019·Por Prensa A Guarda7 minutos de lectura
Noticias Turismo

O pasado xoves día 5 de decembro a Praza do Reló acolleu as primeiras actividades programadas para o arranque da programación do Nadal 2019/20 na vila da Guarda co acendido da iluminación do Nadal. Nesta primeira xornada festiva ás 18:00h tivo lugar unha actuación de Mere-Clown con Ler máis

O pasado xoves día 5 de decembro a Praza do Reló acolleu as primeiras actividades programadas para o arranque da programación do Nadal 2019/20 na vila da Guarda co acendido da iluminación do Nadal.

Nesta primeira xornada festiva ás 18:00h tivo lugar unha actuación de Mere-Clown co seu espectáculo “Aparvaolimpiadas”, congregando a un bo número de persoas en torno á Praza do Reló.

Momentos máis tarde, a tenente de alcalde da Guarda, Montserrat Magallanes, dedicaba unhas palabras aos presentes para dar paso a unha proxección sobre a Torre do Reló cunha conta atrás que rematou co acendido da iluminación do Nadal en toda a vila, seguido do concerto infantil de “Luis Vallecillo”.

Causou moita curiosidade as letras iluminadas instaladas na Alameda da Guarda e a bola da Praza Avelino Vicente, onde se reuniron centos de persoas para inmortalizar coas súas cámaras este Nadal, que ademais veñen cun sorteo de puntos para a Pista de Xeo entre todos os que compartan as súas fotos cos hashtags #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda nas Redes Sociais.

A Guarda recibe un Nadal moi especial este ano, repetindo a Pista de Xeo na Alameda da Guarda, incorporando un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente e un espazo para Obradoiros e actividades infantís na Praza de Juan Bautista e, xa para pór o broche final, unha Cabalgata de Reis Magos moi especial.

Variedade de propostas para todas as idades

Entre as actividades culturais destacan, Animación e Ludoteca para nenos/as, Concertos para a mocidade, Cantos de Nadal e Concertos do Conservatorio.

Tamén cómpre destacar a implicación por parte das Asociacións, que colaboran coma cada ano na decoración das prazas na campaña «Decora ou Teu Nadal» e acompañando aos Reis Magos na Cabalgata do día 5 de Xaneiro, ou organizando feiras solidarias, exposicións, chocolatadas e sorteos de cheques agasallo.

Cóntase ademais coma no ano anterior cunha Pista de Xeo na Alameda da Guarda, e coma novidade deste ano, un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente e acompañamento das carrozas de “A Festa Escénica” na Cabalgata de Reis cun percorrido dende a Alameda ata o concello ás 18:00 h.

Este ano vai sacarse á rúa a programación de actividades de nadal, xerando un maior movemento de persoas pola vila, favorecendo a mobilidade das persoas polo casco urbano e incentivando as compras no comercio local.

Pista de Xeo

A Alameda da Guarda conta xa cunha Pista de Xeo que estará en funcionamento do 5 de decembro ao 19 de xaneiro.

O horario da Pista de Xeo será de Luns a venres de 16:00h a 21:30h e as fins de semana de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:30h, cun horario especial para o 25 de decembro, 5 e 6 de Xaneiro de 16:00h a 21:30h e os días 24 e 31 de decembro de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.

Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais, cada entrada para a Pista de Xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€. Tódolos comercios que desexen dispoñer de puntos para a Pista de Xeo poderán comprar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20, tamén se poderán comprar “in situ” na Pista de Xeo na Alameda da Guarda. As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispoñer de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, a súa repartición entre os seus clientes queda a elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao rematar a campaña serán reembolsados. Cada local participante aparecerá nunha lona na propia pista de xeo e terá un cartel anunciador da campaña no seu establecemento. Tamén se disporá de espazos publicitarios no interior destas instalacións, un lugar para dar visibilidade aos servizos e produtos das empresas que desexen incluír publicidade alí.

Dende o concello da Guarda recórdase ao comercio e ao sector hostaleiro o importante esforzo económico que supón traer novamente á Guarda unha Pista de Xeo, polo que se pide a súa colaboración e implicación para facer que o seu funcionamento sexa o agardado e convértase nunha tradición do Nadal Guardés.

Coa instalación desta Pista de Xeo preténdese incentivar o consumo e as estadías de visitantes na Guarda, nunha das épocas de maior afluencia e máis importantes para o tecido económico guardés como son os Nadal.

AXENDA DE NADAL 2019/20

DECEMBRO

– XOVES 5 DECEMBRO
Acendido da Iluminación coa actuación de Mere-Clown “Aparvaolimpiadas” e “Luis Vallecillo” concerto infantil.
Na praza do reló a partir das 18:00 h. (ás 19:00 acendido de luces)

– XOVES 12 DECEMBRO
Anotación de paxes reais para participar na cabalgata de reis
No Rexistro Xeral ou Sede Electrónica a partir das 9:00 h
Actuación do Coro Infantil do Conservatorio
Na Praza do Reló ás 20:00 h.

– SÁBADO 14 DECEMBRO
Feira de Conrazones
Na Praza do Monterreal de 10:00 a 18:00 h.

– DOMINGO 15 DECEMBRO
Feira de Conrazones
Na Praza do Monterreal de 10:00 a 18:00 h.

– XOVES 19 DECEMBRO
Obradoiro “Agasallos de nadal”
Na casa dos Alonso ás 18:00 (inscrición previa en información@aguarda.es, maiores de 12 anos)
Concerto de Nadal do Conservatorio
No Centro Cultural ás 20:00 h.

– SÁBADO 21 DECEMBRO
Chocolatada ACIGU
Na Praza do Monterreal a partir das 10:00 h.
Cantos de Nadal nas prazas cos Grupos Folclóricos da vila.
Percorrido: Alameda – Avelino Vicente – Praza do reló, a partir das 18:30 h.

– DOMINGO 22 DECEMBRO
Concerto de Panxoliñas.
Na Igrexa Parroquial ás 17:00 h.

– LÚNS 23 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal.
Nas carpas do Monterreal de 16:30 a 19:30 h.

– MARTES 24 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 10:00 a 13:00 h.

– XOVES 26 DE DECEMBRO
Tarde de Xogos de mesa con Brazolinda.
Nas Carpas do Monterreal ás 16:30 h.
Barferencia «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879) por J.M. Villa.
No bar A Bodega ás 20:30 h.

– VENRES 27 DECEMBRO
Espectáculo Infantil de Clown “Cartoons”
No Centro Cultural ás 17:30 h.

– SÁBADO 28 DECEMBRO
Concerto de Indie Rock co grupo Inertes.
Na Praza do Reló ás 20:00 h.

– LÚNS 30 DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 16:30 a 19:30 h.

– MARTES 31 DE DECEMBRO
Ludoteca de Nadal
Nas carpas do Monterreal de 10:00 a 13:00 h.

XANEIRO

– XOVES 2 XANEIRO
Obradoiros de Nadal
Nas Carpas do Monterreal ás 16:30 h.
Chocolatada ACIGU
No Monterreal a partir das 16:30 h.

– VENRES 3 XANEIRO
Concerto Infantil “Nadal con Paio e Aurelio” – Oviravai.
Na praza do reló ás 17:30 h.

– SÁBADO 4 XANEIRO
Concerto de Electro Pop co grupo Presumido
Na Praza do Reló ás 20:00 h.

– DOMINGO 5 XANEIRO
Cabalgata dos Reis Magos e Recepción Real. Acompañados polas Asociacións Guardesas.
Dende a Alameda da Guarda ata a Casa dos Alonso ás 18:00 h.

EXPOSICIÓNS

– Exposición dereitos Humanos e Diversidade afectivo sexual e de xénero.
Na casa dos Alonso do 4 ao 18 de decembro. De 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

– Exposición O Teu Xacobeo – Cruz Vermella Baixo Miño
Nas carpas do Monterreal o 20 e 27 de decembro e 3 de xaneiro de 10:00 a 13:00 h.

– Exposición de Pintura “anetadocamilo”
Na Casa dos Alonso do 21 de decembro ao 4 de xaneiro. En horario de apertura do Concello.

E ADEMAIS…

PISTA DE XEO
Do 5 de Decembro ao 19 de Xaneiro
Na Alameda

MERCADO DE NADAL
Do 13 de Decembro ao 6 de Xaneiro
Na Praza de Avelino Vicente (As de Copas)

SORTEOS ACIGU

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese