O Concello da Guarda aplaza novamente a Ruta Máxica de Oia

15 de marzo de 2018·Por A Guarda Turismo1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Debido ás abundantes chuvias das últimas semanas e ás previsións cambiantes o Concello da Guarda e o Concello de Caminha acordaron aprazar a andaina organizada para este mes de marzo. Esta ruta estará guiada pola Asociación Costa de Castros. A Ruta Máxica de Oia percorre uns 18km da Serra Ler máis

Debido ás abundantes choivas das últimas semanas e ás previsións cambiantes o Concello da Guarda e o Concello de Caminha acordaron aprazar a andaina organizada para este mes de marzo.

Esta ruta estará guiada pola Asociación Costa de Castros. A Ruta Máxica de Oia percorre uns 18km da Serra da Groba pasando polas parroquias costeiras deste concello.

A ruta sinalizada comezará no miradoiro da Pedreira onde se atopan petróglifos e continuará coñecendo outros gravados rupestres ata chegar ao río Broi e ao espazo natural das Sobreiras do Faro, o bosque mediterráneo máis occidental. Despois ascenderase ata o Castro do Cano do Moros e as Pozas de Mougas onde se realizará a comida. Nesta última parte do percorrido descenderase ata o Castro de Cabeziña. A ruta finalizará na estrada PO552 onde se atopa o Camping O Muíño.

 

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese