O Concello da Guarda asinou o convenio do Plan de Sostibilidade Turística en Destino

15 de decembro de 2023·Por A Guarda Turismo1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Nesta semana o Concello da Guarda avanzou na tramitación do Plan Sostibilidade Turística en Destino coa sinatura do convenio que regula esta subvención. O convenio foi asinado entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Guarda para a execución do Plan de Sostibilidade Turística da Guarda Ler máis

Nesta semana o Concello da Guarda avanzou na tramitación do Plan Sostibilidade Turística en Destino coa sinatura do convenio que regula esta subvención.

O convenio foi asinado entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Guarda para a execución do Plan de Sostibilidade Turística da Guarda no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU e que corresponde á convocatoria extraordinaria do ano 2022.

Unha vez asinado este convenio solicitouse formalmente ante a Axencia de Turismo o adianto do importe total concedido, subvencionado ao 100%. A transferencia do 1.000.000€ será efectiva nas próximas semanas.

Paralelamente o Concello da Guarda segue traballando no desenvolvemento das actuacións previstas no ámbito da sustentabilidade, mobilidade e a competitividade turística. Estas actuacións e as posibles modificacións serán presentadas ante o Comité de seguimento coa Axencia de Turismo para a súa aprobación e así dar comezo á execución deste plan.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese