O Concello da Guarda organiza o Mercado de Nadal

11 de novembro de 2020·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

[vc_row][vc_column][vc_column_text]O Concello da Guarda está a deseñar a campaña de Nadal e, dentro das accións comerciais, este ano vai incluírse un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente. Esta acción comercial está financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do proxecto actividades COVID-19 do Plan Concellos. A finalidade é incentivar Ler máis[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

[vc_row][vc_column][vc_column_text]O Concello da Guarda está a deseñar a campaña de Nadal e, dentro das accións comerciais, este ano vai incluírse un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente. Esta acción comercial está financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do proxecto actividades COVID-19 do Plan Concellos.

A finalidade é incentivar o comercio local e crear sinerxías instalando as casetas durante a campaña de Nadal, é dicir, dende o acendido da iluminación do Nadal ata o 5 de xaneiro.

Ao igual que o mercado organizado como peche do verán, a participación no mercado será gratuíta a cambio do compromiso da apertura dos postos durante os días e horario establecido.

O número de postos é reducido polo que se vai establecer un quendas dependendo do número total de interesados. O reparto das quendas realizarase por sorteo entre os profesionais que cumpran os requisitos solicitados.

Os interesados poden consultar as bases de participación e disporán ata o venres 20 de novembro para solicitar a súa participación mediante unha instancia xeral no rexistro municipal tal e como se define nas bases.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_message]

Descargar Bases aquí

[/vc_message][/vc_column][/vc_row]

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese