Dada a boa acollida das últimas «andainas» organizadas polo Concello da Guarda, a Concellería de Deportes da Guarda decidiu propor a celebración dunha nova camiñada para o vindeiro sábado 11 de novembro. Aínda que a primeira proposta foi coñecer o Monumento Natural Pena Corneira, o percorrido tivo que ser modificado por mor de Ler máis
Dada a boa acollida das últimas «andainas» organizadas polo Concello da Guarda, a Concellería de Deportes da Guarda decidiu propor a celebración dunha nova camiñada para o vindeiro sábado 11 de novembro.
Aínda que a primeira proposta foi coñecer o Monumento Natural Pena Corneira, o percorrido tivo que ser modificado por mor da vaga de incendios do pasado mes de outubro, que afectou notablemente a zona e fai desaconsellable a súa visita.
Así as cousas, a nova ruta, duns 15 quilómetros, será pola zona do municipio de Leiro en dirección a Pazos de Arenteiro. O percorrido transcorrerá pola provincia de Ourense, comezando na localidade de Leiro e percorrendo a comarca do Ribeiro, unha zona rural con abundante bosque e vilas que se viron afectadas polo despoboamento.
En Leiro, partirase baixando ao río Avia. Cruzarase unha vella ponte, atopando así unha ponte colgante e o cámping, hoxe en día pechado, que era un lugar turístico nos meses de verán.
A andaina continuará por vellos camiños ata chegar a Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás, lugar que -como o seu nome indica- comprende numerosos pazos e moita historia tras os seus muros. A ruta concluirá de novo en Leiro, despois de pasar pola aldea abandonada de Viñoa.
Como remate a esta xornada, está prevista unha breve visita á vila de Ribadavia, cun percorrido polo seu casco histórico. o barrio xudeu e o castelo, centro da coñecida «Festa da Istoria».