O Concello da Guarda participou na Feira de Turismo de Madrid como un dos protagonistas na presentación do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño

25 de xaneiro de 2022·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

[vc_row][vc_column][vc_column_text]Cada ano A Guarda como destino turístico destacado conta cun especial protagonismo nas presentacións da Deputación de Pontevedra e do Xeodestino Ría de Vigo Baixo que se realizan durante a Feira de Turismo de Madrid, FITUR. O xoves 20 de xaneiro no stand de Turismo de Galicia tivo lugar a presentación Ler máis[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

[vc_row][vc_column][vc_column_text]Cada ano A Guarda, como destino turístico destacado, conta cun especial protagonismo nas presentacións da Deputación de Pontevedra e do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño que se realizan durante a Feira de Turismo de Madrid, FITUR.
O xoves 20 de xaneiro, no stand de Turismo de Galicia, tivo lugar a presentación da campaña promocional “Mulleres do Camiño Portugués” do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño e A Guarda ofreceu a súa experiencia no Camiño Portugués da Costa.
Nesta presentación estiveron presentes profesionais de diferentes ámbitos do turismo onde ofreceron a súa experiencia no camiño e no trato diario cos peregrinos. O Concello da Guarda estivo representado pola técnica de Turismo, Rosalía Verde, que trasladou aos asistentes a atención prestada na Oficina de Turismo e a relevancia da Guarda como primeiro municipio galego do Camiño Portugués da Costa.

 

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_video link=»https://youtu.be/iLYWGe_Ue0M» align=»center»][/vc_column][/vc_row]

Ademais, nesta presentación presentouse o vídeo promocional da campaña para este 2022 onde cinco mulleres vinculadas ao turismo contan a importancia social e económica do camiño para os concellos do Camiño Portugués da Costa. As cinco mulleres protagonistas do vídeo son Mar Rodríguez, de Teetravel; Lucía Fragata, de Turismo de Baiona; Noelia Martínez, de Casa do Marqués; Patricia Muñoz, de Amodo Turismo; e Rosalía Verde, de Turismo A Guarda.
Ademais, asistíuse á presentación da campaña “Love Rías Baixas” da Deputación de Pontevedra e no seu vídeo promocional mostran a historia de 7 persoas que se achegaron ata a provincia e decidiron quedarse a vivir. Unha destas protagonistas é Daniela Savic, naceu en Eslovenia e chegou á Guarda como xogadora de balonmán e agora continúa como adestradora. A través do seu relato e das panorámicas da vila converteuse nunha excelente embaixadora do noso concello.


Os interesados en coñecer A Guarda tiñan no stand de Turismo de Galicia material turístico e calendarios fotográficos do Concello.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese