O Concello da Guarda recibe 2 flores de honra de Vilas en Flor

26 de novembro de 2019·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

O pasado venres día 22 de novembro de 2019 a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e persoal municipal do Concello da Guarda, participaron na «Cidade da Cultura» en Santiago de Compostela na entrega dos Galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019. Neste acto A Guarda foi premiada con Ler máis

O pasado venres día 22 de novembro de 2019 a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e persoal municipal do Concello da Guarda, participaron na «Cidade da Cultura» en Santiago de Compostela na entrega dos Galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019.

Neste acto A Guarda foi premiada con dúas flores de honra, destacando o enorme potencial que reúne o municipio pola súa ubicación e o seu patrimonio. Segundo quedou de manifesto o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega constitúen dous fitos sobre os que se teñen construído grandes actuacións na vila como son o paseo marítimo, a Senda Litoral, o Sendero Azul, que permiten conectar a zona urbana coa desembocadura do Río Miño.

Resaltouse o nivel de recursos e a funcionalidade dos espazos axardinados da Guarda, poñendo en valor os proxectos realizados recentemente como o contorno do Castelo de Santa Cruz, a rúa Concepción Arenal, recuperación das Casas Indianas, entre outras.

Destacouse como bo exemplo o espazo do Centro Cultural e a Biblioteca Municipal, zona axardinada moi próxima da Alameda da Guarda.

O ente promotor de Vilas en Flor está formado pola Fundación Juana de Vega, Asvinor e Agaexar, entregando nesta xornada galardóns para 16 municipios galegos.

O xurado visitou previamente A Guarda o pasado 14 de outubro, onde comprobaron «in situ» todo o traballo realizado a nivel medioambiental, a xestión de residuos e a mellora do contorno da vila. Nuns días remitirán un informe no que se indicarán as medidas a tomar para continuar coas melloras da vila.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese