Polo que se tentará atender coa socorrista a praia de “Area Grande” sempre que sexa posible durante as fins de semana. Os demais servizos si están garantidos como a análise de augas cada 15 días, o panel informativo, a recollida selectiva, a limpeza manual do areal e os aseos. Cada verán se contrataban Ler máis
Polo que se tentará atender con socorristas a praia de “Area Grande” sempre que sexa posible durante as fins de semana. Os demais servizos si están garantidos como a análise de augas cada 15 días, o panel informativo, a recollida selectiva, a limpeza manual do areal e os aseos.
Cada verán se contrataban 6 socorristas para as praias de “O Muíño” e de “Area Grande”. A pesar dos esforzos realizados tan só se puideron contratar a 4 socorristas. Nos últimos anos a problemática de contratar a socorristas formados e titulados en espazos naturais está a ser bastante común en Galicia.
En definitiva, acordouse que a praia de “O Muíño” dispoña do servizo de socorrismo de luns a domingo de 12:00 a 20:00h ao ser unha praia con maior afluencia de bañistas polo que o número de incidencias adoita ser superior.