O Concello da Guarda traballa na súa candidatura á convocatoria extraordinaria no marco do «programa de Plans de Sostibilidade Turística nos Destinos» ante a Secretaría de Estado de Turismo. Esta convocatoria extraordinaria de 2022 do plan territorial da Secretaría de Estado de Turismo baséase na enogastronomía. Por tanto, Ler máis
O Concello da Guarda traballa na súa candidatura á convocatoria extraordinaria no marco do «programa de Plans de Sostibilidade Turística nos Destinos» ante a Secretaría de Estado de Turismo.
Esta convocatoria extraordinaria de 2022 do plan territorial da Secretaría de Estado de Turismo baséase na enogastronomía. Por tanto, o Concello da Guarda ten unha excelente oportunidade para presentar unha estratexia turística en torno ao potencial gastronómico da Guarda pero vinculado ao importante patrimonio histórico e natural.
O pasado martes 3 de maio tivo lugar na Casa dos Alonso a mesa de traballo co sector para coñecer a súa opinión e recibir achegas e así poder presentar unha candidatura real, obxectivo básico para o desenvolvemento deste programa.
A este encontro asistiron 12 representantes do tecido empresarial e social da Guarda como empresas de aloxamento, hoteis, asociacións culturais e deportivas, comunidades de montes,…
Esta mesa de traballo comezou coa intervención do alcalde, Antonio Lomba, onde explicou aos presentes que A Guarda está inmersa na preparación da solicitude de fondos europeos para o deseño e desenvolvemento dun Plan de Sostibilidade Turística Sostible para o Concello da Guarda.
O alcalde quixo destacar que a candidatura da Guarda é unha excelente oportunidade para conseguir financiamento para proxectos de gran envergadura e que suporán unha transformación para o noso municipio cun orzamento que supera os 1,7 millóns de euros.
Os detalles das actuacións foron presentados pola Estratexia e Consultoría EOSA, empresa especializada que está a redactar a candidatura que lidera a enogastronomía pero que terá un gran impacto no Monte Santa Trega, a praia do Muiño, a mobilidade, a dixitalización do turismo e máis actuacións concretas sobre gastronomía.
Finalmente, abriuse a rolda de intervencións dos invitados, na que se resolveron as dúbidas. Tamén se recolleron achegas e suxestións e actualmente estase a traballar para incorporalas a unha candidatura completa con posibilidade de obter estes fondos europeos.