O Concello impulsa un novo curso para a formación de camareiros/as en bares e restaurantes

28 de febreiro de 2018·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

A Concellaría de Turismo ofrece un curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que se desenvolverá entre o 24 de marzo e o 26 de maio. O obxectivo principal é formar a novas camareiras/os na preparación e presentación de bebidas e alimentos propios dun bar ou restaurante, aplicando as Ler máis

A Concellaría de Turismo ofrece un curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que se desenvolverá entre o 24 de marzo e o 26 de maio. O obxectivo principal é formar a novas camareiras/os na preparación e presentación de bebidas e alimentos propios dun bar ou restaurante, aplicando as normas básicas de manipulación de alimentos e atención ao cliente. Ao rematar, o alumnado tamén recibirá o diploma de manipulador/a de alimentos.

A programación está deseñada para que as persoas participantes adquiran as nocións básicas na adecuación do local, reposto do material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.

O curso terá unha duración total de 82 horas. Delas, 47 destinaranse á formación teórica, impartindo durante 8 sábados pola mañá e, na última semana de maio, o alumnado realizará 35 horas de prácticas en bares e restaurantes da Guarda e a súa contorna.

As inscricións poderanse realizar na Oficina de Turismo do Concello da Guarda (Praza do Reló, 1), chamando ao teléfono 986 61 45 46 ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es. As prazas son limitadas e serán outorgadas por rigoroso orde de inscrición.

 

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese