A Guarda acollerá esta fin de semana a cuarta edición do Trail do Trega, organizado por TimeAventure en colaboración co Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra. A dous días de rematar o período de inscricións, xa son máis de 180 as persoas inscritas na proba cronometrada, que transcorrerá polo Monte Ler máis
A Guarda acollerá esta fin de semana a cuarta edición do Trail do Trega, organizado por TimeAventure en colaboración co Concello da Guarda e a Deputación de Pontevedra. A dous días de rematar o período de inscricións, xa son máis de 180 as persoas inscritas na proba cronometrada, que transcorrerá polo Monte Santa Trega e a súa contorna.
A carreira pedestre consistirá nun percorrido total de 18,5 km e un desnivel acumulado de 1.100 metros, aproximadamente. Por outra banda, o evento deportivo tamén ofrece a posibilidade de participar nunha 'andaina' de 10 km de percorrido, con paso polos puntos emblemáticos do monte. Nesta ruta, que será de dificultade baixa, xa son máis de 40 as persoas inscritas.
Ambos os percorridos partirán da chaira do Centro Cultural e terán a meta no mesmo punto. A carreira comezará ás 10:00 h, mentres a andaina dará comezo ás 9:15 h.

As inscricións poderán realizarse ata as 23:59 h deste venres, 24 de novembro, a través das páxinas web www.avaibooksports.com e inscricions.ranckr.com/eventos, nas que tamén se poderá consultar o regulamento das probas.
Os dorsais poderán recollerse no Centro Cultural este sábado, 25 de novembro, entre as 17:00 e as 19:00 h. Aquelas persoas interesadas en participar e que aínda non se anotaron, poderán aproveitar esta ocasión para inscribirse de forma presencial.
O prezo de inscrición é de 3€ para a 'andaina' e de 15€ para a carreira. Os 300 primeiros inscritos nesta última recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa do IV Trail do Trega. Para a resolución de dúbidas e máis información, poden dirixirse á organización a través do correo electrónico info@timeaventure.es.