O mércores 14 de abril ábrese o prazo para solicitar o bono turístico #QuedamosEnGalicia2021

13 de abril de 2021·Por A Guarda Turismo2 minutos de lectura
Noticias Turismo

O bono turístico #QuedamosEnGalicia21 é unha tarxeta monedeiro e a finalidade deste programa é estimular a demanda turística interna. No 2020 os traballadores sanitarios gozaron dun bono similar. Para esta segunda convocatoria o programa está financiado nun 60% pola Xunta de Galicia. Beneficiarios: Persoas maiores de idade, empadroadas en municipios galegos. Ler máis

O bono turístico #QuedamosEnGalicia21 é unha tarxeta prepago e a finalidade deste programa é estimular a demanda turística interna.

En 2020 os traballadores sanitarios gozaron dun bono similar. Para esta segunda convocatoria o programa está financiado nun 60% pola Xunta de Galicia.

Beneficiarios:

  • Persoas maiores de idade, empadroadas en municipios galegos. Excepto aqueles beneficiados na primeira convocatoria.

Os cidadáns dispoñen de tres tipos para escoller:
• Tarxeta de 500 € (300 € achega da Xunta – 200 € achega da persoa)
• Tarxeta de 375 € (225 € achega da Xunta – 150 € achega da persoa)
• Tarxeta de 250 € (150 € achega da Xunta – 100 € achega da persoa)

A tarxeta prepago, que emitirá a entidade bancaria colaboradora, ABANCA, estará operativa ata o 15 de decembro do 2021, data na que perderá a súa vixencia. Poderán utilizar o saldo da súa tarxeta de forma total ou parcial. No caso de non ter saldo suficiente, poderán completar os pagamentos con outras formas de pago admitidas polo establecemento turístico.

Prema no enlace para consultar os establecementos hoteleiros e paquetes turísticos adheridos ao programa. Esta listaxe estará en constante actualización a medida que se adhiran as empresas e publiquen as ofertas e paquetes turísticos. As empresas turísticas dispoñen ata decembro para darse de alta.

Prazo de presentación das solicitudes:
Do mércores 14 de abril ao 1 de novembro (incluído). A solicitude tramitarase exclusivamente por orde de petición.

Tramitación:
Os cidadáns teñen que realizar a solicitude a través da sede electrónica presentando o anexo II (código de procedemento TU985D)

Unha vez verificado que o solicitante cumpre os requisitos, recibirá unha notificación por sede electrónica e disporá de 3 días naturais para realizar o ingreso na conta segundo se lle informe na notificación. Despois comprobarase que o ingreso do solicitante foi realizado e ABANCA, entidade colaboradora, disporá de 10 días para remitir a tarxeta prepago ao domicilio do solicitante.

DOGA Nº 68 do 13 de abril – Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, da tarxeta Bono turístico #QuedamosenGalicia21

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese