O monte Santa Trega ten catro visitas guiadas diarias de martes a domingo

8 de xullo de 2022·Por Prensa A Guarda3 minutos de lectura
Noticias Turismo

• Durante os meses de xullo e agosto realizaranse catro visitas guiadas diarias de martes a domingo. • Prazas limitadas e inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un correo electrónico a masat@aguarda.es As visitas guiadas ao monte Santa Trega, que ofrece o Padroado Municipal de Santa Trega para Ler máis

• Durante os meses de xullo e agosto realizaranse catro visitas guiadas diarias de martes a domingo.
• Prazas limitadas e inscrición previa no Museo Arqueolóxico no tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un correo electrónico a masat@aguarda.es

As visitas guiadas ao monte Santa Trega, que ofrece o Padroado Municipal de Santa Trega para que visitantes e veciños poidan coñecer mellor o valor arqueolóxico deste monte, terán ata catro visitas diarias de martes a domingo en xullo e agosto.

Neste ano 2022 recuperarase a ampla oferta de visitas guiadas, que xa comezou en xuño e rematará en setembro.

Para Rafa Álvarez, Concelleiro de Turismo, é importante promocionar e pór en valor o Monte Santa Trega e os seus xacementos arqueolóxicos, así como o MASAT (Museo Arqueolóxico de Santa Trega), para que os nosos visitantes coñezan todo o patrimonio e historia dos nosos devanceiros.

Rafa Álvarez sinalou que as visitas guiadas deste verán ao Monte Santa Trega contan cun guía local, experto en historia que traslada os seus coñecementos en cada visita dunha forma sinxela e amena para que os participantes poidan «embriagarse» da cultura castrexa e o patrimonio do noso municipio.

A oferta de visitas amplíase nos meses de maior afluencia, xullo e agosto, con visitas de martes a domingo e 4 visitas ao día (12:00h, 13:00h, 18:00h e 19:00h), polo que a oferta de visitas guiadas se amplía para que todos os visitantes interesados teñan a oportunidade de coñecer a cultura castrexa e a nosa paisaxe.

Este ano as visitas guiadas estarán centradas no Castro de Santa Trega, nas zonas escavadas de norte a sur, pero sempre é interesante completar esta actividade cunha visita ao MASAT, Museo Arqueolóxico de Santa Trega.

Para ofrecer unha visión máis ampla da área escavada, realizarase un percorrido completo dende a porta norte ata a porta sur, percorrendo as diferentes áreas escavadas nos últimos cen anos como as casas reconstruídas, a zona de Mergelina, o concheiro, . ..

As prazas son aínda limitadas polo que é necesaria a inscrición previa no Museo Arqueolóxico ao tel. 690.01.70.38 (tamén WhapsApp) ou un correo electrónico a masat@aguarda.es. A visita guiada é gratuíta pero quen accedan ao Monte Santa Trega en vehículo deberán pagar o prezo do público.

A duración aproximada é de 45 minutos e o punto de encontro é o aparcadoiro da Casa Forestal dende onde se partirá para iniciar esta fermosa ruta polo interior do castro escavado.

O monte Santa Trega conta con catro visitas guiadas diarias de martes a domingo

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese