A partir do 15 de febreiro reabriu o MASAT (Museo Arqueolóxico do Monte Trega) que permitirá aos visitantes comprender a importancia deste xacemento arqueolóxico grazas á exposición de pezas atopadas nas diferentes escavacións. Ao longo do ano, o horario do MASAT modificarase para atender aos visitantes de martes Ler máis
A partir do 15 de febreiro reabriu o MASAT (Museo Arqueolóxico do Monte de Santa Trega) que permitirá aos visitantes comprender a importancia deste xacemento arqueolóxico grazas á exposición de pezas atopadas nas diferentes escavacións.
Ao longo do ano, o horario do MASAT modificarase para atender aos visitantes de martes a domingo. Durante o 2023, unhas 40.000 persoas visitaron o Museo.
A novidade este ano é o lanzamento do proxecto de visitas virtuais que permitirán coñecer mellor o Monte Santa Trega e outros espazos de interese da Guarda. Esta iniciativa financiouse coa subvención da Axencia de Turismo de Galicia.
Aqueles que visiten o Monte Santa Trega poden usar esta ferramenta que permite realizar unha visita 360º do monte e ampliar a información con audioguías. Ademais tamén está dispoñible a recreación virtual dunha unidade familiar do castro que transportará ao visitante a finais do século I a.C.
Esta nova ferramenta dixital está dispoñible na web ou no QR de enlace do percorrido virtual Castro Santa Trega.