O Obradoiro de Emprego colabora co Departamento de Turismo traballando na promoción turística da vila

25 de febreiro de 2022·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

A petición do departamento de Turismo do Concello o alumnado e profesorado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela, está a levar a cabo unha serie de iniciativas dirixidas a continuar coa posta en valor de diversos recursos turísticos da vila. Dende o Ler máis

A petición do departamento de Turismo do Concello, o alumnado e profesorado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela, está a levar a cabo unha serie de iniciativas dirixidas a continuar coa posta en valor de diversos recursos turísticos da vila.
Dende o inicio do obradoiro, e combinado coa acción formativa, o equipo de traballo está a facer un estudo integral dos recursos para a elaboración dun inventario que se plasmará nun documento onde se recolle o patrimonio histórico-artístico, os espazos naturais, personaxes ilustres, rutas de sendeirismo, eventos, patrimonio inmaterial, etc.
Cabe sinalar o proxecto que complementa o traballo feito ata a actualidade dende Turismo para a posta en valor das casas indianas, un importante reclamo turístico da nosa vila e que se pretende seguir revalorizando este singular patrimonio, para iso está a se recompilar información, contando coa axuda e asesoramento de Miguel Villa, historiador local e gran coñecedor deste patrimonio.
Noutra orde de cousas, o alumnado traballador realizou unha enquisa a pé de rúa para coñecer de primeira man como ve a nosa poboación o turismo, os seus recursos, que grao de coñecemento teñen deles, que melloras consideran que hai que facer, etc.
Tódalas estas actividades son realizadas no centro de traballo, e combínanse con saídas de campo, que permiten estudar a fondo eses recursos, e darnos unha visión máis realista do municipio. Tendo en conta as novas tendencias no ámbito da promoción turística, abríronse dúas contas en RRSS que reforzan o labor promocional dos recursos, e do traballo realizado polo obradoiro de emprego na especialidade de turismo, (@promocionturisticaaguarda en IG, e Obradoiro Emprego Manuel B. Portela en FB.)

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese