O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Turismo, iniciou un programa de visitas guiadas polo casco urbano que se realizan os mércores e xoves ata o 15 de setembro. As visitas son de carácter gratuíto e non é necesaria inscrición previa, tan só acudir ás 12:00h ao punto Ler máis
O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Turismo, iniciou un programa de visitas guiadas polo centro urbano que se realizan os mércores e xoves ata o 15 de setembro.
As visitas son de carácter gratuíto e non é necesaria inscrición previa, tan só acudir ás 12:00h ao punto de encontro, que será na Oficina de Turismo da Praza do Reló. Dende a Praza do Reló o grupo sae a coñecer o patrimonio da Guarda en dúas visitas distintas, os mércores terá lugar a Visita singular ao centro histórico: “Praza antigas e novas” e os xoves a Visita singular da época moderna: “Castelo de Santa Cruz”.
Unha oportunidade excepcional, tanto para visitantes como para veciños, e coñecer o noso pasado a través de explicacións «in situ», grazas a persoal do departamento de turismo municipal, visitando diferentes espazos do centro urbano da Guarda como a Igrexa Parroquial, o Castelo de Santa Cruz, o muro, prazas, e monumentos.
A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos.
A Rede de Museos da Guarda, formada polo Museo Arqueolóxico do Monte Trega-MASAT, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz informa dos novos horarios para esta tempada estival.
• MASAT: De martes a domingo de 9:00h a 21:00h e de 10:00h a 20:00h no mes de setembro.
• Museo do Mar: As fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
• Castelo de Santa Cruz: Espazo público aberto de 10:00h a 21:00h.
• Centro de Interpretación das Fortalezas do Miño: As fins de semana e festivos de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
• Oficina de Turismo na Praza do Reló: Aberta de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h de luns a domingo.

