O Punto de Información Turística Municipal do porto da Guarda xa está en funcionamento

7 de xullo de 2017·Por A Guarda Turismo1 minutos de lectura
Noticias Turismo

O punto de información turística municipal habilitado no porto da Guarda comezou a funcionar o pasado 1 de xullo, coincidindo coa celebración da XXVII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. Este servizo reforza durante os meses de verán o ofertado pola Oficina de información turística do Concello da Guarda Ler máis

O punto de información turística municipal habilitado no porto da Guarda comezou a funcionar o pasado 1 de xullo, coincidindo coa celebración da XXVII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira.

Este servizo reforza durante os meses de verán o ofertado pola Oficina de información turística do Concello da Guarda, atendendo aos visitantes e turistas que soliciten información de interese turístico e cultural tanto da localidade como da comarca.

O seu horario de atención ao público é, de luns a domingo, de 11:00 a 14:00 horas e, xa pola tarde, de 16:30 a 19:30 horas.

 

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese