Os areais guardeses elixidos por milleiros de bañistas na primeira quincena de agosto

22 de agosto de 2018·Por A Guarda Turismo3 minutos de lectura
Noticias Turismo

As praias marítimas e fluviais do Concello da Guarda amosan un estado de alta ocupación no que vai do mes de agosto, elixidas por milleiros de bañistas que día a día visitan estes espazos naturais. A boa climatoloxía do mes de agosto promoveu que moitos visitantes e tamén locais aproveitasen este bo tempo Ler máis

As praias marítimas e fluviais do Concello da Guarda demostran un estado de alta ocupación no que vai do mes de agosto, elixidas por milleiros de bañistas que día a día visitan estes espazos naturais.

A boa climatoloxía do mes de agosto promoveu que moitos visitantes e tamén locais aproveitasen este bo tempo para gozar dos nosos areais, entre eles dous contan co distintivo internacional de Bandeira Azul, falamos das praias de “O Muíño” e “Area Grande”, un recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.

As praias marítimas e fluviais do Concello da Guarda demostran un estado de alta ocupación no que vai do mes de agosto, elixidas por milleiros de bañistas que día a día visitan estes espazos naturais. As praias marítimas e fluviais do Concello da Guarda demostran un estado de alta ocupación no que vai do mes de agosto, elixidas por milleiros de bañistas que día a día visitan estes espazos naturais.

Estas dúas praias contan cos servizos esixidos pola «Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC)», e a rama española da «Federación Europea de Educación Ambiental (FEE)» para Bandeiras Azuis, como paneis informativos, análises de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.

A praia do Muíño no Río Miño, tamén recibiu este ano 2018 o distintivo de «EcoPlayas».

As praias marítimas e fluviais do Concello da Guarda demostran un estado de alta ocupación no que vai do mes de agosto, elixidas por milleiros de bañistas que día a día visitan estes espazos naturais. As praias marítimas e fluviais do Concello da Guarda demostran un estado de alta ocupación no que vai do mes de agosto, elixidas por milleiros de bañistas que día a día visitan estes espazos naturais.

Ademais A Guarda conta con outros areais que tamén son frecuentados por bañistas nesta tempada estival como as praias marítimas de Fedorento e O Carreiro ou as praias fluviais da Lamiña, A Armona e O Codesal, espazos naturais para o gozo que contan tamén con sendeiros, camiños e rutas sinalizadas para coñecer a súa contorna.

O Concello da Guarda quere destacar o esforzo realizado para a súa concesión no referente ao mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o municipio.

As praias marítimas e fluviais do Concello da Guarda demostran un estado de alta ocupación no que vai do mes de agosto, elixidas por milleiros de bañistas que día a día visitan estes espazos naturais.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese