Os Reis Magos visitarán a Residencia de Maiores e participan este domingo na Cabalgata da Guarda

2 de xaneiro de 2020·Por Prensa A Guarda5 minutos de lectura
Noticias Turismo

A programación de Nadal remata esta fin de semana na Guarda coa visita dos Reis Magos á Residencia de Maiores e a súa participación na Cabalgata de Reis. Ademais tamén segue aberta a Pista de Xeo na Alameda. Visita dos Reis á Residencia de Maiores Súas Maxestades de Ler máis

A programación de Nadal remata esta fin de semana na Guarda coa visita dos Reis Magos á Residencia de Maiores e a súa participación na Cabalgata de Reis. Ademais tamén segue aberta a Pista de Xeo na Alameda.

Visita dos Reis á Residencia de Maiores

As súas Maxestades de Oriente visitarán este venres día 3 de xaneiro pola tarde aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, onde estarán acompañados por unha charanga para animar e bailar nun día moi especial. Contarase tamén coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Cultura.

Cabalgata de Reis Magos 2020

O domingo día 5 de xaneiro terá lugar un dos actos máis importantes do Nadal na Guarda, a Cabalgata dos Reis Magos que terá inicio ás 18:00h con saída dende a Alameda da Guarda acompañados pola comitiva de paxes, asociacións da vila e unha charanga que amenizará musicalmente este evento. Os Reis Magos percorrerán a Rúa Rosalía de Castro e Rúa Galicia para rematar na Casa dos Alonso, onde recibirán aos nenos e nenas entregando agasallos e lambetadas para todos. Durante o percorrido repartirán caramelos dende as súas carrozas. Este ano as Carrozas dos Reis Magos están confeccionadas pola Festa Escénica.

Pista de Xeo

A Alameda da Guarda conta xa cunha Pista de Xeo que estará en funcionamento ata o 19 de xaneiro.

O horario da Pista de xeo é de Luns a venres de 16:00h a 21:30h e as fins de semana de 12:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:30h, con horario especial para o 5 e 6 de xaneiro de 16:00h a 21:30h.

Dende o concello recórdase que as fotos do Nadal na Guarda teñen premio, cun sorteo de puntos para a Pista de Xeo entre todos os que compartan as súas fotos coas hashtags #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda nas Redes Sociais.

Nadal con Paio e Aurelio

Este venres día 3 de xaneiro ás 17:30h a Praza do Reló acolle o espectáculo «Nadal con Paio e Aurelio», unha actividade enmarcada na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda.

Trátase dun espectáculo especial para este Nadal con voces en directo a cargo do grupo musical Oviravai e no que 4 personaxes farán as delicias dos máis pequenos da casa.

A compañía viguesa Oviravai está especializada na realización de espectáculos infantís a través da música. Despois dos éxitos do Libro CDs “As andanzas de Paio” (Galaxia, 2016) e «Paio e o poder da música», chega á Guarda co seu último e novo espectáculo «Nadal con Paio e Aurelio».

*En caso de chuvia o espectáculo trasladarase ao Centro Cultural.

Concerto Electro Pop co Grupo Presumido

Este sábado día 4 de xaneiro ás 20:00h a Praza do Reló acolle o Concerto do Grupo Presumido, enmarcado na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda.

O grupo Presumido está a piques de comezar a súa xira de presentación de CUATRO ESTACIONES, segundo LP de Presumido. Un show que cun rango de frecuencias emocionais moi amplo, no cal o pop, a electrónica, a escenografía e a innovación tecnolóxica, farán as delicias dos amantes da música coidada ao detalle.

Presumido é unha ponte entre o pasado, presente e futuro do Electropop, unha proposta formada por Tarci Ávila e Nacho Dafonte que busca explorar novos territorios musicais do pop en español na súa vertente máis electrónica.

As súas influencias son todas internacionais (James Blake, Foster The People, Taylor Swift, Bon Iver, Apparat…) salvo unha, Tino Casal, a quen admiran e reivindican como máximo expoñente español do pop electrónico.

Definitivamente, atoparon o seu estilo e o seu lugar na música.

*En Caso de chuvia o concerto realizarase no Centro Cultural con entrada libre ata completar o aforo.

Exposición de Pintura MixMedia “anetadocamilo”
A Casa dos Alonso acolle a Exposición de Pintura «anetadocamilo», pseudónimo utilizado por Beatriz Bascoy Cao para expresar con pintura o que con palabras non pode.

Segundo explica a artista, «anetadocamilo» é unha maneira de expresar inquedanzas, sentimentos, de mergullarse nun mundo de cor paralelo a un mundo real con demasiadas tons de grises.

Para esta exposición Beatriz Bascoy traballa coa técnica Mixmedia, unha combinación dunha ou máis técnicas artísticas, de traballo e materiais na tea.

«anetadocamilo» avanza por un camiño onde se segue a emocionar cando unha persoa se para ante unha das súas obras e é capaz de sentir. Esa sensación non cambiou dende o principio desta viaxe… Sexa en lugares tan diferentes como os Pendellos de Agolada ou a Menier Gallery de Londres.

Esta exposición enmárcase na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda e pódese visitar ata o 4 de xaneiro na planta baixa da Casa dos Alonso en horario de 8:00h a 15:00h de Luns a venres.

Dende o Concello da Guarda convídase a seguir participando e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, está a dinamizar e chama a atención dos nosos veciños e visitantes.

AXENDA DE NADAL 2019/20

– VENRES 3 XANEIRO
Concerto Infantil “Nadal con Paio e Aurelio” – Oviravai.
Na praza do reló ás 17:30 h.

– SÁBADO 4 XANEIRO
Concerto de Electro Pop co grupo Presumido
Na Praza do Reló ás 20:00 h.

– DOMINGO 5 XANEIRO
Cabalgata dos Reis Magos e Recepción Real. Acompañados por Asociacións Guardesas.
Dende a Alameda da Guarda ata a Casa dos Alonso ás 18:00 h.

EXPOSICIÓNS

– Exposición de Pintura “anetadocamilo”
Na Casa dos Alonso do 21 de decembro ao 4 de xaneiro. En horario de apertura do Concello.

E ADEMÁS…

PISTA DE XEO
Ata o 19 de Xaneiro
Na Alameda

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese