Os Reis Magos visitaron A Guarda

7 de xaneiro de 2021·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

[vc_row][vc_column][vc_column_text]• Os Reis Magos fixeron un percorrido polas diferentes parroquias e rúas da vila o martes 5 de xaneiro en vehículos clásicos A programación de Nadal 2020-21 chegou ao seu fin na Guarda coa visita dos Reis Magos que o pasado martes día 5 de xaneiro fixeron un percorrido pola Ler máis

[vc_row][vc_column][vc_column_text]• Os Reis Magos fixeron un percorrido polas diferentes parroquias e rúas da vila o martes 5 de xaneiro en vehículos clásicos
A programación de Nadal 2020-21 chegou ao seu fin na Guarda coa visita dos Reis Magos que o pasado martes día 5 de xaneiro fixeron un percorrido polas diferentes rúas da vila. A saída tivo lugar ás 17:30h dende a Praza do Reló, onde os Reis Magos foron recibidos polo Alcalde da Guarda e partiron en tres vehículos clásicos para facer o percorrido acompañados pola Policía Local e o GES.
Os Reis Magos visitaron A Guarda e cumpriron o desexo de facerse ver polos nenos e nenas da vila sen poñer en risco a saúde de nenos nin de maiores, polo que propuxeron un itinerario que percorreu os barrios e parroquias do municipio.
OSecondly urbano, así como a limitación de tempo, non permitiu chegar a todas as rúas, na súa maioría estreitas e con difícil saída, polo que se propuxo un itinerario longo que priorizou as longas avenidas e sobre todo permitiu chegar ata os diferentes lugares máis distantes do centro.
Foron moitos os veciños que agardaron nas súas vivendas para sentir a chegada dos Reis dende as fiestras, outros decidiron achegarse a aquelas grandes avenidas gardando a distancia de seguridade (2m.) entre grupos de conviventes.
Os Reis fixeron o percorrido en coches descapotables, para ser así visibles, non en carroza polo que o percorrido foi máis áxil e rápido que nunha Cabalgata tradicional, percorrendo uns 22km en total.
Dende o Concello recórdase que unha vez rematadas as datas de Nadal, todos aqueles que non desexen conservar as luces repartidas nos centros educativos poderanas depositar nos contedores de residuos eléctricos situados no primeiro piso da Praza de Abastos da localidade, para seren reutilizadas pola empresa que os fabricou.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_video link=»https://www.youtube.com/watch?v=XqyMUW4tL4M» align=»center»][/vc_column][/vc_row]

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese