Os «ruteros» de Petiscos con Arte xa poden gozar do seu premio

4 de decembro de 2017·Por A Guarda Turismo2 minutos de lectura
Noticias Turismo

Os cinco gañadores do sorteo da Ruta Petiscos con Arte recolleron esta ma

Os cinco gañadores do sorteo da Ruta Petiscos con Arte recolleron esta mañá os lotes de viño albariño Gran Novás da man do Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, e do xerente da Bodega Gran Novás, Arturo Conde.

Os rosalenses Carmen María Martínez e Ricardo Martínez, o tudense Víctor Manuel González Souto, e os guardeses Eva Martínez Trigo e Daniel Baz Vicente resultaron ser os premiados entre as máis de 1.400 persoas participantes no sorteo da ruta, para cuxa participación debían entregar o boleto cumprimentado co seus datos despois de degustar o petisco.

Preto do 60% das persoas participantes no sorteo son veciños e veciñas de A Guarda, e oa porcentaxe restante complétase principalmente con persoas procedentes da comarca (Tui, O Rosal e Oia) e localidades como Vigo, Salvaterra ou Marín, ademais de outros visitantes procedentes de Ourense ou Madrid.

O Alcalde aproveitou o acto de entrega dos lotes para agradecer o apoio prestado nesta primeira edición da ruta tanto por os establecementos como por os artistas, así como por as persoas participantes en calidade de ruteros e ruteras. Arturo Conde, xerente da Bodega Gran Novás tamén recibiu o agradecemento pola parte dos organizadores, pora súa colaboración nesta iniciativa coa cesión dos 5 lotes de viño.

Dada a boa acollida da ruta, os dous representantes incidironen a voluntade de repetir anualmente este evento gastronómico, contribuíndoa a promoción da tradición culinaria e de os artistas de A Guarda e a súa contorna.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese