Co comezo de setembro redúcese o número de visitantes ao monte pero seguiranse ofrecendo as visitas guiadas gratuítas ao Castro de Santa Trega coma en anos anteriores. Unha vez comezado setembro os visitantes poderán coñecer mellor o valor arqueolóxico coas visitas dos sábados en dous quendas: ás 12:00 e Ler máis
Co comezo de setembro redúcese o número de visitantes ao monte pero seguiranse ofrecendo as visitas guiadas gratuítas ao Castro de Santa Trega coma en anos anteriores.
Unha vez comezado setembro os visitantes poderán coñecer mellor o valor arqueolóxico coas visitas dos sábados en dúas quendas: ás 12:00 e ás 17:00, agás o sábado 14 que só haberá a visita da tarde.
A duración das visitas gratuítas é de 45 minutos e só se precisa estar á hora no punto de encontro do aparcadoiro da casa Forestal, xa que non se precisa reserva previa. Mais para grupo de máis de 12 persoas pídese consultar ao MASAT no teléfono 690 01 70 38.
Aínda que as visitas son #gratuito, a tarifa de acceso de vehículos non está incluída.