Participar na campaña turística de Deputación de Pontevedra #momentosRiasBaixas ten premio

12 de febreiro de 2021·Por A Guarda Turismo2 minutos de lectura
Noticias Turismo

A Deputación de Pontevedra deseñou unha campaña turística para 2021-2022 con tres fases que se irán sucedendo segundo a evolución sanitaria e as restricións de mobilidade. A primeira fase que comeza hoxe «Momentos Rías Baixas» é unha campaña a través de redes sociais e que convida a que compartamos as nosas lembranzas e vivencias a Ler máis

A Deputación de Pontevedra deseñou unha campaña turística para 2021-2022 con tres fases que se irán sucedendo segundo a evolución sanitaria e as restricións de mobilidade.

A primeira fase que comeza hoxe «Momentos Rías Baixas» é unha campaña a través de redes sociais e que convida a que compartamos os nosos recordos e vivencias a través de fotos ou vídeos. Ademais haberá 5 sorteos de paquetes de estadías e actividades turísticas para gozar na provincia.

Todos podemos participar en dar a coñecer a nosa provincia, aquilo que nos quedou gravado na memoria como a visita ao Monte Santa Trega ou o pracer de cociña guardesa.

A dinámica é sinxela hai que publicar a foto ou vídeo dun lugar ou actividade da provincia no muro persoal de Instagram, Facebook ou Twitter cunha breve descrición dese momento especial.

Haberá un total de 5 sorteos e podes participar coas fotos que queiras en cada sorteo.

Para participar no sorteo ten en conta:
-Incluír os hashtag “#momentosRíasBaixas” e “#PontevedraProvincia”
-Etiquetar na foto ou vídeo o perfil de Turismo Rías Baixas nesa rede social.
– O perfil social debe ser público.
– Non entrarán no sorteo as publicacións efémeras como “ Stories” ou “ Fleets”.
– As fotografías ou vídeos serán orixinais e propias.
– Se aparecen outras persoas, hai que dispoñer do seu permiso expreso para a súa publicación.

Prema para máis información e consultar as bases completas

 

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese