O Calendario de visitas teatralizadas polo centro histórico da Guarda achega a súa fin coa penúltima cita a cargo de «Os Quinquiláns», este xoves día 23 de agosto ás 21:00h, con saída dende a Praza do Reloxo. As visitas teatralizadas congregaron xa a centos de persoas nas anteriores 5 Ler máis
O Calendario de visitas teatralizadas polo casco histórico da Guarda achega a súa fin coa penúltima cita a cargo de «Os Quinquiláns», este xoves día 23 de agosto ás 21:00h, con saída dende a Praza do Reloxo.
As visitas teatralizadas congregaron xa a centos de persoas nas anteriores 5 citas levadas a cabo dende o pasado 5 de xullo, nunha actividade na que se mestura o contido histórico, a amenización musical e o bo facer de «Os Quinquilláns».
Dende o departamento de Cultura convídase novamente a toda a cidadanía e aos visitantes nesta tempada estival, a que aproveiten esta oportunidade para coñecer un pouco da historia da nosa vila, dunha maneira moi divertida e amena.
Baixo o concepto “De alén mar para A Guarda” e enmarcado nas conmemoracións do 100º aniversario da creación da xunta organizadora para a construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, as visitas teatralizadas deste verán toman como referencia o libro “Hospital Casa-Asilo da Guarda(1918-2018), Centenario dunha institución benéfica nacida en Porto Rico”, obra do historiador local Joaquín Miguel Villa Álvarez.
Esta actividade mostra á cidadanía a nosa historia e patrimonio dunha forma amena e diferente, conxugando a técnica teatral coa divulgación do noso pasado, involucrando aos participantes e facéndoos partícipes neste espectáculo. As visitas, realizadas pola compañía «Os Quinquiláns», percorren o centro histórico, comezando ás 21.00h. na Praza do Reloxo, e continuando pola rúa Colón, rúa Baixo Muro, rúa José María Lomba Peña, rúa Malteses, para chegar ao Porto da Guarda.
Os actores protagonistas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, dan vida a dous personaxes influíntes da Guarda en 1918. Nese momento, coincidindo coa toma de decisión da construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, actual edificio que alberga hoxe en día as instalacións do Centro Cultural na rúa Rosalía de Castro do municipio.
A través deste fío condutor, a compañía realiza o intenso traballo de contar como foi o proceso da creación desta xunta organizadora en Porto Rico. Pero por se isto fose pouco, o espectáculo agocha sorpresas musicais, que varían cada xoves.
Esta actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos.
Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese
Planifica a túa visita á Guarda



