Prazo extraordinario de inscrición para o Desfile de Entroido do vindeiro domingo na Guarda

1 de marzo de 2022·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

• Co motivo do adiamento ábrese un prazo de dous días para recibir inscricións de novas carrozas, comparsas e grupos que poidan concorrer na nova data. Ante a chegada da choiva o desfile previsto para a tarde de hoxe, martes 1 de marzo, foi adiado para a tarde do domingo 6 de Ler máis

• Con motivo do adiamento ábrese un prazo de dous días para recibir inscricións de novas carrozas, comparsas e grupos que poidan concorrer na nova data

Ante a chegada da choiva o desfile previsto para a tarde de hoxe, martes 1 de marzo foi adiado para a tarde do domingo 6 de marzo, respectando o mesmo horario e percorrido: saída ás 17:30h. da Esquina Famosa (Rúa Porto Rico), Rúa Galicia Rosalía de Castro (Alameda)

Tal e como estaba previsto nas bases do desfile para tal caso, este adiamento orixinou un novo prazo de inscrición para que grupos, comparsas ou carrozas que non puidesen concorrer o martes pero si tivesen dispoñibilidade para o domingo 6 de marzo presenten a súa solicitude xunto coa documentación correspondente. Así mesmo os participantes que estando anotados non poidan acudir na nova data deberán comunicalo neste mesmo prazo, de tal xeito que o venres 4 de marzo publicarase unha nova relación de participantes na que se terán en conta as baixas resultantes e as novas solicitudes e farase saber cantos participantes terían opción a compensación económica, xa que esta segue o criterio de orde na anotación.

Este novo prazo de anotación estará aberto durante os días 2 e 3 de marzo, as solicitudes están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica (https://aguarda.sedelectronica.gal/info.0) e os participantes deben coñecer as bases e condicións de participación. Non se admitirán aquelas solicitudes que veñan incompletas ou sen a documentación necesaria.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese