Programación de actividades na semana grande das Festas do Monte 2019

5 de agosto de 2019·Por Prensa A Guarda3 minutos de lectura
Noticias Turismo

A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as «Festas do Monte 2019», unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de lecer e tempo libre, festas catalogadas de Interese Turístico de Galicia. A programación de actividades arrincou na xornada do sábado 3 de agosto cos torneos de Hockey e as Carreira Ler máis

A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as «Festas do Monte 2019», unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de lecer e tempo libre, festas catalogadas de Interese Turístico de Galicia.

A programación de actividades arrincou na xornada do sábado 3 de agosto coas torneos de Hóckey e as Carreiras Pedestres.

O luns día 5 de agosto celébrase o Pregón ás 20:00h na Praza do Reló, que será a cargo de Dna. María Nava Castro, Dir. Xeral de Turismo da Xunta de Galicia. Pola noite verbena coas orquestras América SL e Xacobeo na Alameda da Guarda.

Para a xornada do martes día 6 de agosto celébrase o Torneo de Fútbol Base do Sporting Guardés, un festival folclórico no Auditorio de San Bieito e pola noite verbena coas orquestras Israel e D´Moda.

O mércores día 7 de agosto celébrase a Marcha Cicloturista Popular, o Torneo de Fúbtol Sénior, o XIV Rock in Fervenza e pola noite verbenas coas orquestras Passarela e Limón.

Na xornada do xoves día 8 de agosto terá lugar o XIX Campionato Exhibición de Xadrez ao aire libre e pola noite verbena coas orquestras Claxxon e Ibiza.

O venres día 9 de agosto as pistas deportivas do Codesal acollen o I Torneo de Petanca e pola noite verbena coas orquestras Galilea e Nazaret.

Como vén sendo habitual, na mañá do sábado terá lugar o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras, un evento que congrega a miles de persoas entre a Alameda da Guarda e o Porto. Pola noite verbenas na Alameda coas orquestras La Oca Bang e Noche de Estrellas.

O Domingo é a subida ao Monte, na cal as Bandas Mariñeiras realizan as súas xuramentos con comida popular e posterior «desfeita». Á noite verbena coas orquestras Ámbar e Azúcar.

O luns 12 de agosto ás 24:00h terá lugar a Gran Tirada de Fogos de Luces no Porto da Guarda, coa que se pon o punto e final a unha semana de festexos.

Dende o Concello da Guarda pedimos a colaboración cidadá para que se respecten as sinalizacións que delimitan os espazos protexidos dun elemento patrimonial tan importante para a nosa vila como o é o Monte Santa Trega, evitando o uso da zona arqueolóxica para comer, de xeito que non se produzan agresións que provoquen danos nas estruturas.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese