Regresa a campaña GALICIA SABE AMAR os días 4 e 5 de agosto ao Concello da Guarda

3 de agosto de 2023·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Venres 4 e sábado 5 de agosto en horario de mañá de 11:30 a 14:00 horas e en quenda de tarde de 18:00 a 21:00 horas. Tras a primeira visita na primavera, a furgoneta da Campaña GALICIA SABE AMAR repite no noso municipio e veciños e visitantes poderán degustar os petiscos elaborados con Ler máis

  • Venres 4 e sábado 5 de agosto en horario de mañá de 11:30 a 14:00 horas e en quenda de tarde de 18:00 a 21:00 horas.

 

Tras a primeira visita na primavera, a furgoneta da Campaña GALICIA SABE AMAR repite no noso municipio e veciños e visitantes poderán degustar os bocados elaborados con produtos galegos certificados, destacando a gran variedade e calidade dos mesmos. Ademais de valorar o traballo dos nosos profesionais de mar e terra.

 

Esta segunda visita será o venres 4 e sábado 5 de agosto e a furgoneta instalarase na Praza de Avelino Vicente (As de Copas) ofrecendo merenda gratuíta a todos aqueles que se acheguen no horario de cata, durante a mañá a partir das 11:30 horas. ás 14:00 horas e na quenda de tarde de 18:00 a 21:00 horas.

 

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta para animar aos cidadáns a consumir peixe e marisco a través de tentempiés mesturados con “retranca” galega e dobres sentidos. Esta iniciativa conta con 4 furgonetas que están a percorrer 260 municipios de España vinculados ao Camiño de Santiago.

 

Máis info da campaña:

https://mar.xunta.gal/sites/default/files/galiciasabeamar/index.html

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese