O pasado venres día 15 de marzo de 2019 realizouse na Cafetería Marbella a quinta e última Barferencia de Inverno 2018-19 na Guarda, un ciclo que nesta edición contou cun total de 5 citas, nas que a afluencia de público foi extraordinaria. Os asistentes coñeceron como foi o paso Ler máis
O pasado venres día 15 de marzo de 2019 realizouse na Cafetería Marbella a quinta e última Barferencia de Inverno 2018-19 na Guarda, un ciclo que nesta edición contou cun total de 5 citas, nas que a afluencia de público foi extraordinaria.
Os asistentes coñeceron como foi o paso deste recinto fortificado en pleno centro da Guarda tras a Guerra de Restauración Portuguesa e o seu paso de fortificación a elemento patrimonial, grazas ás explicacións de Rebeca Blanco Rotea.
En palabras de Rebeca Blanco Rotea, a fortaleza de Santa Cruz é unha fortificación galega de época moderna conservada no extremo máis suroccidental de Galicia, e formou parte do sistema defensivo galego que protexía ás poboacións e ao territorio situado a este lado do Miño, aínda que caeu en mans portuguesas en 1665, onde se mantivo ata a sinatura do tratado de paz de Lisboa en 1668.
Santa Cruz formaba parte dun conxunto maior que controlaba esta zona da fronteira (un conxunto formado pola Atalaia da Guarda, a batería de Camposancos, a garita do Monte Torroso, o facho de Santa Trega), protexendo a vila da Guarda dos posibles ataques dende o norte e o oeste, e os diferentes accesos á mesma, ben fosen por terra, por mar ou polo río.
Construído entre 1662 e 1664, é
