Ao longo da semana pasada realizouse un estudo xeofísico na contorna das salinas romanas do Seixal. Estes traballos leváronse a cabo en colaboración co Centro de Arqueometría da Universidade Complutense. O obxectivo desta actuación foi o de comprobar a extensión das salinas do Seixal en Ler máis
Ao longo da semana pasada realizouse un estudo xeofísico na contorna das salinas romanas do Seixal. Estes traballos leváronse a cabo en colaboración co Centro de Arqueometría da Universidade Complutense. O obxectivo desta actuación foi o de comprobar a extensión das salinas do Seixal na Costa da Guarda. Durante as escavacións levadas a cabo en 2018 descubriuse unha ampla extensión da salina romana, pero púidose comprobar que as estruturas se estenden máis alá da área escavada. O proxecto «A Guarda, Mar de Sal» non se limita á escavación, senón que por medio das últimas tecnoloxías quérese conseguir a imaxe máis ampla e precisa posible da extensión e da morfoloxía destas salinas. Para iso cóntase cun xeorradar, un sistema que permite facer lecturas no subsolo e comprobar a existencia de estruturas arqueolóxicas.
Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese
Planifica a túa visita á Guarda