Todo preparado na Guarda para a visita dos Reis Magos

2 de xaneiro de 2021·Por Prensa A Guarda5 minutos de lectura
Noticias Turismo

[vc_row][vc_column][vc_column_text]• Os “carteiros do nadal” regresarán o sábado 2, luns 4 e martes 5 de xaneiro ás rúas da Guarda (2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h). • Os Reis Magos farán un percorrido polas diferentes parroquias e rúas da vila o martes Ler máis[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

[vc_row][vc_column][vc_column_text]• Os “carteiros do nadal” regresarán o sábado 2, luns 4 e martes 5 de xaneiro ás rúas da Guarda (2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h).
• Os Reis Magos farán un percorrido polas diferentes parroquias e rúas da vila o martes 5 de xaneiro a partir das 17:30h.
• Continúan abertas as inscricións para as videollamadas cos Reis Magos no Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h.
A programación de Nadal 2020-21 na Guarda está xa chegando ao seu fin, coa vista xa posta na visita dos Reis Magos do vindeiro martes día 5 de xaneiro.
Este sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo utilízase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.
Os “carteiros do nadal” regresan o sábado 2, luns 4 e martes 5 de xaneiro ás rúas da Guarda (2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h). En caso de choiva esta actividade terá lugar no Centro Cultural.

VISITA DOS REIS MAGOS

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_video link=»https://youtu.be/utQiJDMijUI» align=»center»][/vc_column][/vc_row]

O vindeiro Martes día 5 de xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila. A saída terá lugar ás 17:30h dende a Praza do Reló, onde os Reis Magos serán recibidos polo Alcalde da Guarda e partirán en tres vehículos antigos para facer o percorrido acompañados pola Policía Local e o GES.
Os Reis Magos visitarán A Guarda e teñen o desexo de facerse ver polos nenos e nenas da vila sen pór en risco a saúde de nenos nin de maiores, polo que propoñen un itinerario que percorrerá os barrios e parroquias do municipio.
OSecondly, the urban fabric, as well as the limitation of time, does not allow to reach all the streets, in their majority narrow and with difficult exit, for which reason a long itinerary is proposed that prioritizes the long avenues and above all allows to reach the different places most distant from the center.
Solicítase aos veciños que agarden nas súas vivendas para sentir a chegada dos Reis. E só naqueles casos nos que a comitiva non pase preto e non se mire dende a ventá, poderán achegarse a aquelas grandes avenidas debendo sempre gardar a distancia de seguridade (2m.) entre grupos de convivintes.
Os Reis farán o percorrido en coches descapotables, para ser así visibles, non en carroza polo que o percorrido será máis áxil e rápido que nunha Cabalgata tradicional.
Antonio Lomba lembra cun vídeo(https://youtu.be/utQiJDMijUI) a todos os nenos e nenas da vila, que as luces que se repartiron nos colexios guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. Estas luces, de fabricación local, xa se repartiron polos diferentes centros educativos da vila, para que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas colocadas nas fachadas das casas dende este mesmo fin de semana. Unha vez rematadas as datas de Nadal, todos aqueles que non desexen conservar estas luces poderanas depositar nos contedores de residuos eléctricos situados no primeiro andar da Praza de Abastos da localidade, para seren reutilizadas pola empresa que os fabricou.

Máis actividades na Programación de Nadal 2020 na Guarda

• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural dedicada ao Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

• VIDEOLLAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videollamadas é necesario que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos proporcionaráselles un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.

PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL:

XANEIRO

SÁBADO 2 DE XANEIRO
Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola.
No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)

SÁBADO 2, LUNS 4 E MARTES 5 XANEIRO
“Os carteiros do Nadal”
2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas
5 en horario: 10:30 a 13:30 horas

MARTES 5 XANEIRO
Visita dos Reis Magos.
Os reis magos visitarán a partir das 17:30h as diferentes rúas da vila.

MÁIS ACTIVIDADES

• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

• VIDEOLLAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videollamadas é necesario que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos proporcionaráselles un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese