A localidade da Guarda acollerá os vindeiros días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo a súa tradicional “Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira”. Esta festa, que xa acada este ano a súa XXXI edición, é a primeira cita gastronómica de prestixio da tempada de verán en Galicia; se a isto Ler máis
A Guarda acollerá os vindeiros días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo a súa tradicional “Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira”. Esta festa, que xa acada este ano a súa XXXI edición, é a primeira cita gastronómica de prestixio da tempada de verán en Galicia; se a isto lle sumamos a súa catalogación como Festa de Interese Turístico de Galicia, obténse unha fórmula de éxito, que, ano tras ano, congrega a centos de visitantes en torno aos diferentes pratos e especialidades elaborados por restaurantes desta vila.
Aínda que a estrela da festa é a lagosta, os visitantes poderán degustar outras moitas especialidades típicas nas que o denominador común é a calidade dos produtos ofrecidos.
Ademais das diferentes especialidades gastronómicas, todos aqueles que se acheguen ata A Guarda nesas datas poderán gozar, dentro do programa da festa, dun completo e atractivo repertorio de actividades lúdicas e culturais, que fará as delicias dos maiores e tamén dos máis pequenos.
Por último, aqueles que aínda lles quede tempo entre prato e prato, os concertos e as actuacións previstas, poderán descubrir os recunchos que agocha esta fermosa vila mariñeira chea de encanto, natureza e historia.
