Últimas prazas libres para a andaina guiada deste sábado na Guarda

13 de febreiro de 2020·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

[vc_row][vc_column][vc_column_text] O Concello da Guarda informa das últimas prazas libres para participar na segunda das actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coas que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Nesta ocasión trátase dunha camiñada guiada entre A Pasaxe, punto Ler máis

[vc_row][vc_column][vc_column_text]

O Concello da Guarda informa das últimas prazas libres para participar na segunda das actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coas que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Nesta ocasión trátase dunha camiñada guiada entre A Pasaxe, punto de entrada dos peregrinos en Galicia no Camiño Portugués da Costa, e a Praza da Guía, no casco urbano do municipio. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

Xavier Crespo, profesor de historia do IES A Sangriña da Guarda e ex-concelleiro de Patrimonio do municipio, será o guía amosando o rastro xacobeo que se agocha na arquitectura e na paisaxe ao longo do Camiño á súa pasada pola Guarda. Unha oportunidade excepcional para coñecer a importancia do Camiño Portugués na Guarda e a súa relación coa vila e coa súa xente, así como o seu legado patrimonial.

A camiñada sairá ás 10:00h da mañá e está previsto que remate sobre as 13:00h, contando con prazas limitadas.

As inscricións continúan abertas a través do formulario online: https://forms.gle/8pCWKcpcqHX6eNJPA

Esta camiñada, continúa co ciclo de “xornadas” que xa se iniciaron o pasado 25 e 26 de xaneiro, onde os participantes percorrerán o Camiño de Santiago dende A Pasaxe ata a ladeira do Monte Trega, coñecendo durante a ruta os valores ambientais deste tramo e a problemática das especies invasoras ao longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, posteriormente os participantes plantaron árbores autóctonas. Agora con esta nova actividade amosarase o camiño dende diferentes perspectivas baixo o nome “Falemos do camiño”, convidando á poboación local a participar en charlas, coloquios e seminarios que axuden a coñecer os valores, históricos, turísticos e espirituais.

Inscríbete aquí:

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwc3JjJTNEJTIyaHR0cHMlM0ElMkYlMkZkb2NzLmdvb2dsZS5jb20lMkZmb3JtcyUyRmQlMkZlJTJGMUZBSXBRTFNkQmtKUi1mRnhXUVpXTEVFc3FwN2ZUdmRjdU9xNTdhZlZrRS1CVjh4MmY4bzRvU2clMkZ2aWV3Zm9ybSUzRmVtYmVkZGVkJTNEdHJ1ZSUyMiUyMHdpZHRoJTNEJTIyNjQwJTIyJTIwaGVpZ2h0JTNEJTIyMTA4MiUyMiUyMGZyYW1lYm9yZGVyJTNEJTIyMCUyMiUyMG1hcmdpbmhlaWdodCUzRCUyMjAlMjIlMjBtYXJnaW53aWR0aCUzRCUyMjAlMjIlM0VDYXJnYW5kbyVFMiU4MCVBNiUzQyUyRmlmcmFtZSUzRQ==[/vc_raw_html][/vc_column][/vc_row]

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese