Últimos días para inscribirse no mercado de nadal 2020

18 de novembro de 2020·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Últimos días para inscribirse. O Concello da Guarda organiza o Mercado de Nadal do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal. Este mercado está destinado a artesáns e produtores como por exemplo produtos de horta ou alimentación. Tamén Ler máis

Últimos días para inscribirse

O Concello da Guarda organiza o Mercado de Nadal do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural dedicada ao Nadal.

Este mercado está destinado a artesáns e produtores como por exemplo produtos de horta ou alimentación. Tamén pode participar o comercio local e da nosa contorna.

Os interesados poden consultar as bases de participación e ter en conta que o prazo para a inscrición remata este venres 20 de novembro.

O procedemento é a través do rexistro municipal presentando unha instancia xeral coa indicación de “Mercado de nadal” cos datos de contacto, descrición dos produtos á venda e copia da documentación en vigor.

O número de postos é reducido polo que se vai establecer unhas quendas dependendo do número total de interesados. A repartición destas quendas realizarase por sorteo entre os profesionais que cumpran os requisitos solicitados.

Descargar Bases aquí

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese