Un prato especial para recibir o Entroido 2020 na Guarda

11 de febreiro de 2020·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

• O Menú de Entroido consta dun primeiro prato de caldo ou empanada, un segundo prato de Lacón con Grelos e un doce con filloas ou orellas de Entroido. • Esta oferta gastronómica estará dispoñible do sábado 22 ao martes 25 de febreiro en 6 restaurantes do concello ao prezo de 18€. Ao igual Ler máis

• O Menú de Entroido consta dun primeiro prato de caldo ou empanada, un segundo prato de Lacón con Grelos e un postre con filloas ou orellas de Entroido.

• Esta oferta gastronómica estará dispoñible do sábado 22 ao martes 25 de febreiro en 6 restaurantes do municipio ao prezo de 18€.

Ao igual que en anos anteriores, a Concellaría de Turismo organiza en colaboración cos diferentes restaurantes do municipio o «Menú de Entroido», ao longo dos 4 días do entroido que inclúe un primeiro prato de caldo ou empanada, un segundo prato de lacón con grelos e un postre con filloas ou Orellas de Entroido. O prezo é de 18€ por persoa e o menú inclúe viño e café.

Nesta edición participan o Restaurante Arruaz (986 614 571), Camping Santa Tecla (986 685 461), Celtic (986 611 679), La Pizzicata (986 611 534), O Cangrexal (986 611 107) e Restaurante Xantar (986 611 814 ). Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese