[vc_row][vc_column][vc_column_text] O vindeiro sábado día 15 de febreiro terá lugar na Guarda a segunda das actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coas que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local Ler máis[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]
[vc_row][vc_column][vc_column_text]
O vindeiro sábado día 15 de febreiro terá lugar na Guarda a segunda das actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coas que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.
Nesta ocasión trátase dunha camiñata guiada entre A Pasaxe, punto de entrada dos peregrinos en Galicia no Camiño Portugués da Costa, e a Praza da Guía, no casco urbano do municipio. A camiñata sairá ás 10:00h da mañá e está previsto que remate sobre as 13:00h, contando con prazas limitadas.
As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición no formulario online: https://forms.gle/8pCWKcpcqHX6eNJPA
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwc3JjJTNEJTIyaHR0cHMlM0ElMkYlMkZkb2NzLmdvb2dsZS5jb20lMkZmb3JtcyUyRmQlMkZlJTIGMUZBSXBRTFNkQmtKUi1mRnhXUVpXTEVFc3FwN2ZUdmRjdU9xNTdhZlZrRS1CVjh4MmY4bzRvU2clMkZ2aWV3Zm9ybSUzRmVtYmVkZGVkJTNEdHJ1ZSUyMiUyMHdpZHRoJTNEJTIyNjQwJTIyJTIwaGVpZ2h0JTNEJTIyMTA4MiUyMiUyMGZyYW1lYm9yZGVyJTNEJTIyMCUyMiUyMG1hcmdpbmhlaWdodCUzRCUyMjAlMjIlMjBtYXJnaW53aWR0aCUzRCUyMjAlMjIlM0VDYXJnYW5kbyVFMiU4MCVBNiUzQyUyRmlmcmFtZSUzRQ==[/vc_raw_html][/vc_column][/vc_row]
Xavier Crespo, profesor de historia do IES A Sangriña da Guarda e ex-concelleiro de Patrimonio do municipio, será o guía amosando o rastro xacobeo que se agocha na arquitectura e na paisaxe ao longo do Camiño á súa pasada pola Guarda.
Esta camiñata, continúa co ciclo de «xornadas» que xa se iniciaron o pasado 25 e 26 de xaneiro, onde os participantes percorrerán o Camiño de Santiago dende A Pasaxe ata a ladeira do Monte Trega, coñecendo durante a ruta os valores ambientais deste tramo e a problemática das especies invasoras ao longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, posteriormente os participantes plantaron árbores autóctonas. Agora con esta nova actividade amosarase o camiño dende diferentes perspectivas baixo o nome “Falemos do camiño”, convidando á poboación local a participar en charlas, coloquios e seminarios que axuden a coñecer os valores, históricos, turísticos e espirituais.