Veciños da Guarda e Caminha realizaron a «Ruta da Pedra e da Auga»

6 de maio de 2019·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun novo calendario de andainas para este ano 2019, no que se inclúen un total de 5 andainas e, como nas edicións anteriores, os percorridos serán en Galicia e Portugal. As andainas iniciáronse no Ler máis

O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun novo calendario de andainas para este ano 2019, no que se inclúen un total de 5 andainas e, como nas edicións anteriores, os percorridos serán en Galicia e Portugal.

As andainas iniciáronse no mes de febreiro e o pasado 1 de maio realizouse a ruta “da Pedra e da Auga” e do Río San Martiño e rematarán coa ruta do Camiño do Miradoiro de Matacás o sábado 1 de xuño.

A PR-G171 «Ruta Da Pedra e da Auga e do Río San Martiño», transcorre polo concello de Meis, onde os participantes percorreron un total de 20km de distancia comezando e rematando a ruta no mosteiro cisterciense de Armenteira.

Comeza e remata a ruta no mosteiro cisterciense de Armenteira. A andaina está composta en realidade de dúas rutas. A de “A Pedra e da Auga” con numerosas muíños restaurados salpicados polas ribeiras do río Armenteira. Nos arredores de Barrantes iniciamos a ruta polo río San Martiño que nos permitirá contemplar interesantes igrexas románicas (San Martiño e San Salvador de Meis) e espléndidos paisaxes da ría de Arousa.

Calendario 2019 de Andainas

ANDAINA 5.- SÁBADO, 1 DE XUÑO: CAMIÑO DO MIRADOIRO DE MATACÁS (CASTRO CALDELAS – OURENSE)

Distancia: 16,5 km

Saída: 9.00 h. dende a explanada da Sangriña

Hora aproximada de chegada A Guarda: 20.00 h.

Prezo:

Descrición: É a andaina de maior esixencia física das realizadas neste ano polo desnivel acumulado de subida de 1.141 m. Trátase dunha ruta homologada no 2018 (PR-G 237) na Ribeira Sacra de Ourense, no Concello de Castro Caldelas. No percorrido poderemos contemplar viñedos, castiñeiros e sobreiras centenarias así como a espectacular panorámica sobre o Canón do Sil dende as “Penas de Matacás”.

A PR-G171 «Ruta Da Pedra e da Auga e do Río San Martiño», transcorre polo concello de Meis, onde os participantes percorreron un total de 20km de distancia comezando e rematando a ruta no mosteiro cisterciense de Armenteira.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese