Verán cargado de actividades para todas as idades na Guarda

8 de xullo de 2020·Por Prensa A Guarda5 minutos de lectura
Noticias Turismo

• O Concello destaca a realización de actividades seguras, mantendo as medidas de hixiene e seguridade vixentes en cada momento, establecendo as citas e inscricións previas para evitar aglomeracións. Descargar axenda en .pdf aquí O Concello da Guarda vén de publicar o calendario de actividades recollido na Axenda de Verán 2020 Ler máis

• O Concello destaca a realización de actividades seguras, mantendo as medidas hixiénico-sanitarias vixentes en cada momento, establecendo citas e inscricións previas para evitar aglomeracións.

 

 

Descargar axenda en .pdf aquí

O Concello da Guarda vén de publicar o calendario de actividades recollido na Axenda de Verán 2020 e na que aparecen reflectidas todas as propostas culturais, formativas, turísticas, deportivas e de ocio que estarán á disposición de toda a cidadanía guardesa e visitantes ao longo dos meses de verán.

Estas actividades están xestionadas a través dos departamentos de Cultura, Información Xuvenil, Deportes, Patrimonio e Turismo e terán inicio xa a vindeira semana con actividades programadas para todas as idades e gustos e que pretenden manter entretidos a veciños e visitantes, pero tendo en conta tamén as medidas hixiénico-sanitarias polo COVID-19, polo que a ampla maioría delas terán lugar en espazos abertos e ao aire libre, ou ben cun aforo limitado.

A programación arranca a partir da vindeira semana cunha proposta de formación da Omix para a mocidade e coas visitas teatralizadas no Castro de Santa Trega que se viron suspendidas no pasado mes de marzo. Xa na fin de semana, o sábado 18 de xullo as familias poderán acudir ao Auditorio de San Benito á representación teatral de “Lázaro de Tormes” da Compañía Pedras de Cartón, que estivo recentemente no Festival de Teatro Clásico de Almagro.

Tamén darán comezo as visitas á embarcación O Piueiro que se repetirán os martes e xoves do verán (excepto o 23 de xullo), as visitas regulares ao Monte Santa Trega (de venres a domingo) e as visitas de natureza que se sucederán cada domingo de xullo e agosto.

A programación continuará a partir de aquí con novas propostas da Omix para a mocidade e as familias que se realizarán no Castelo de Santa Cruz e novas propostas culturais entre as que destaca o Cinema na Rúa, na Praza do Reló con tres citas diferentes, un espectáculo de Cabaret no Auditorio de San Benito o 25 de xullo e actividades culturais para os pequenos protagonizadas pola Gramola Gominola (30 de xullo) e Peter Punk o 15 de agosto. Un concerto da Orquestra Clásica de Vigo e a súa sección de Corda e a obra teatral Pelos na Lingua serán as propostas culturais para pechar o mes de agosto: os sábados 22 e 29. No ámbito deportivo o 1 de agosto está prevista a segunda edición da Carreira de Orientación, pensada para participar en familia e unha travesía en Kayak para o 27 de agosto.

Ademais destas propostas aínda se está a traballar en concretar concertos para a mocidade e algunha nova proposta deportiva, das que informaremos proximamente.

Programa:

Actividades xullo

Martes e mércores 14-15 xullo.- Taller de fotografía co móbil para a mocidade. De 11:00h a 13:00h no Castelo de Santa Cruz. Inscrición previa na Omix (informacion@aguarda.es)

Sábado 18 xullo.- Teatro infantil “Lázaro de tormes”, 20:00h. No Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850 – centrocultural@aguarda.es)

Martes e mércores 21-22 xullo.- Taller de vídeo para a mocidade. 11:00h a 13:00h. no Castelo de Santa Cruz. Inscrición previa na Omix (informacion@aguarda.es

Xoves 23 xullo.- Cinema na rúa: A galiña turuleca. Na Praza do Reló, ás 22:30h.
Inscrición previa no Centro Cultural (986611850 – centrocultural@aguarda.es)

Venres 24 xullo.-

Xogos e actividades en familia: xogos e movemento. Pola tarde no Castelo de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscricións na Omix (informacion@aguarda.es)

Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina de turismo (986 614546 ou en correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com)

Sábado 25 xullo.- Espectáculo “Flashtop cabaret”, no Auditorio de San Benito ás 20:30h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)

Xoves 30 xullo.- Concerto de Gramola Gominola, no Castelo de Santa Cruz ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)

Venres 31 de xullo.-
• Xogos e actividades en familia: Manualidades naturais. Pola tarde no Castelo de Santa Cruz. Horarios diferenciados en función das idades dos nenos. Información e inscricións na Omix (informacion@aguarda.es)
• Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina de turismo (986614546 ou no correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com)

Actividades agosto

Sábado 1 agosto.- Carreira de orientación. De 10:00h a 15:00h. Información e inscricións en deportes@aguarda.es

Venres 14 agosto.- Cinema na rúa “O último verán na escocia” (versión dobrada ao galego). 22:30h. na Praza do Reló. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)

Sábado 15 de agosto.- “Punkdemia” no Castelo de Santa Cruz ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)

Venres 21 de agosto.- Noite de estrelas no Puntal ás 23:00h. Inscrición previa na Oficina de turismo 986614546 ou no correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Sábado 22 de agosto.- Concerto da Orquestra Clásica de Vigo, sección de corda. No Castelo de Santa Cruz, ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)

Venres 28 de agosto.- Cinema na rúa “Mr.Link” . 22:30h. na Praza do Reló. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)

Sábado 29 de agosto.- Teatro “Pelos na lingua”. No Auditorio de San Benito ás 20:00h. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850- centrocultural@aguarda.es)

Actividades regulares durante xullo e agosto, a partir do 14 de xullo

Martes e xoves (excepto o 23 de xullo).- Visitas ao Volanteiro O Piueiro. Ás 20:00h. Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Mércores “A viaxe de Exeria ao castro”, Visitas teatralizadas no Monte Santa Trega ás 18:00h. e ás 20:00h. Inscrición previa en https://cutt.ly/9oNlvCL

Venres, sábados e domingos.- Visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986610504 ou no correo electrónico masat@aguarda.es

Domingos.- Domingos de natureza e auga, ás 10:00h. (Diversos percorridos polo litoral guardés). Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese