Visita guiada ás escavacións das Salinas romanas da Guarda o sábado 17 de agosto

13 de agosto de 2019·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

O Concello da Guarda informa que o vindeiro sábado día 17 de agosto realizarase unha visita guiada ás escavacións das Sal do Seixal, enmarcadas no proxecto “A Guarda, Mar de Sal”. Esta visita guiada, que conta coa coordinación de Anabam, realízase de forma gratuíta o sábado día 17 Ler máis

O Concello da Guarda informa que o vindeiro sábado día 17 de agosto realizarase unha visita guiada ás escavacións das Salinas do Seixal, enmarcadas no proxecto “A Guarda, Mar de Sal”.

Esta visita guiada, que conta coa coordinación de Anabam, realízase de forma gratuíta o sábado día 17 de agosto con saída ás 10:45h dende o Porto da Guarda, cun percorrido aproximado de 2 horas utilizando a senda litoral.

Dende o Concello da Guarda quérese agradecer a dedicación e entusiasmo amosado polo numeroso equipo de arqueólogos e alumnos en prácticas de diversas universidades de Coimbra, Vigo e Santiago que fixeron posible que, nun curto espazo de tempo, A Guarda poida coñecer un pouco mellor o seu pasado romano.

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona de “O Seixal” e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes de sal da Guarda como ben patrimonial concibindo como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de soster o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso da paisaxe da sal e a súa posta en valor permitiu crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese